Huevos de gallinas alimentadas a base de maíz

Receitas de verán sen forno: fáciles, frescas e con moito ovo Demillo

Cando chega a calor, só queres dúas cousas: comer ben e non acender o forno.

Por iso, preparamos unha selección de receitas de verán sen forno, fáciles, frescas e con moito sabor. E como non podía faltar, todas levan ovos Demillo, o toque galego que converte calquera receita sinxela nun prato de dez.

Tanto se buscas receitas rápidas para o día a día, como se queres sorprender cun petisco máis elaborado, aquí tes 8 ideas perfectas para o verán.

Receitas frías de verán fáciles e sen forno

1. Salpicón de polbo e lagostinos

Unha receita galega de toda a vida que triunfa en calquera mesa de verán. O salpicón combina polbo, lagostinos, pementos e cebola, todo ben aliñado con aceite de oliva virxe extra e vinagre. Fresco, mariño e con moito sabor.
Ver receita completa de salpicón de polbo e lagostinos

2. Ovos recheos de guacamole

Ovos recheos de guacamole, receita fácil e fresca de verán con ovo Demillo

Uns ovos recheos orixinais e frescos, con guacamole caseiro e ovo Demillo como protagonistas. Perfectos para unha cea lixeira ou para un petisco con amigos.
Aquí che deixamos a receita completa

3. Ensalada de pasta, ovo cocido e surimi

Ensalada de pasta con ovo cocido e surimi, receita fría de verán sen forno

As ensaladas frías de pasta son o comodín do verán. Aquí propoñémosche unha combinación gañadora: pasta fría, ovo cocido Demillo e surimi (paus de cangrexo). Aliñas co que máis che guste e listo.
Descubre a receita paso a paso

4. Sándwich de ensalada de ovo

Un clásico americano que aquí adaptamos con ovo galego. Mesturas o ovo cocido con maionesa e mostaza, servelo entre pan e tes un sándwich cremoso, saboroso e súper fresquiño. Ideal para levar á praia ou ao traballo.
Aquí tes a receita completa

Receitas fáciles de verán con tixola (¡sen forno!)

5. Croquetas de ovo duro e xamón

Croquetas de ovo duro e xamón serrano, receita caseira sen forno

As croquetas non precisan forno, só un intre na tixola. Estas son diferentes ás clásicas: o recheo cremoso de ovo duro e xamón serrano dálle un toque especial. Perfectas como entrante ou para acompañar unha ensalada.
Aquí tes a receita paso a paso

6. Bocadillo de tortilla de sardiñas con pementos

Un bocadillo moi galego e saboroso, perfecto para os días de praia. Prepara unha tortilla con ovos Demillo, engade sardiñas en conserva e pementos asados, e terás unha merenda potente e deliciosa.
Descubre como preparalo aquí

7. Xudías verdes con xamón e ovo cocido

Unha receita lixeira pero chea de sabor. As xudías verdes ao vapor combinadas con xamón salteado e ovo cocido Demillo son o prato perfecto para unha comida de verán sen complicacións.
Aquí che deixamos a receita completa

8. Ovos parvos

Os ovos parvos son unha receita tradicional que nunca pasa de moda. Con ingredientes sinxelos como pan, ovo Demillo e allo, podes preparar un prato humilde pero delicioso. E como non leva forno, é ideal para o verán.
Aprende a preparar ovos parvos

Receitas de verán fáciles, rápidas e deliciosas

Como ves, preparar comidas de verán sen forno non ten ningún misterio. Só precisas bos ingredientes, un pouco de imaxinación e receitas como estas, que podes facer en menos de 30 minutos.

Queres máis ideas? No noso recetario atoparás máis receitas frías, pratos tradicionais galegos e outras propostas perfectas para o verán:

Descubre máis receitas Demillo

Anímaste a preparalas?

Se te animas a probar algunha, cóntanos en redes sociais co hashtag #FágocheUnOvo.
En Demillo facemos receitas de verdade, con sabor, con tradición e con ovos galegos de calidade. Porque comer ben non ten por que ser complicado.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.