
Tortilla paisana
Descripción
Un dos clásicos da gastronomía española que foi pasando de xeración en xeración. A orixe da tortilla paisana sitúase nas zonas agrícolas, onde se combinaban ingredientes básicos do campo e a gandería para crear receitas nutritivas e saborosas. Esta tortilla con verduras, hortalizas, chourizo (e ás veces tamén xamón) é un exemplo que non podía faltar no noso receitario da avoa.
Ingredientes
Elaboración
-
Primeiro cocemos os chícharos, que poden ser frescos ou conxelados.
-
Mentres, picamos a cebola, os pementos, a cebola e a cabaciña.
-
Cortamos tamén o chourizo (e se queremos engadirlle xamón), en daditos.
-
Pochamos a cebola e ímoslle engadindo o pemento verde e vermello.
-
Engadimos as patacas, a cabaciña, o chourizo e, finalmente, os chícharos. Deixámolo cociñar aproximadamente 30 minutos.
-
Mentres batemos os ovos co sal e cos taquitos de chourizo.
-
Cando a verdura e as patacas estean tenras, retirámolas do lume, escorremos o aceite e incorporámola aos ovos. Mesturamos ben.
-
Callamos a tortilla polas dúas caras, deixando o centro zumarento.
-
¡A comer tortilla paisana!