O rebozado perfecto… segundo o que queiras
O rebozado ñe unha técnica de cociña tradicional que lle dá u n toque especial a calquera prato, conservando a jugosidad do interior e achegando un toque más crujiemte ao exterior, ademais de potenciar o sabor. Pero non hai un único tipo de rebozado. Segundo os ingredientes e as técnicas utilizadas, conseguirás un resultado ou outro. Hoxe ensinámosche a dar co rebozado perfecto, segundo o que busques. Apunta!
Existen moitos tipos de rebozado, pero hoce ímosche a falar dos máis clásicos e habituais, así como a mellor maneira de elaboralos e os alimentos cos que mellor van funcionar.
Rebozado con fariña: á romana
É unha das receitas máis clásicas do rebozado. Aínda que a téccnica é sinxela, hai algúns trucos que marcarán a diferenza, para lograr un rebozado lixeiro e esponjoso. É o rebozado perfecto para o peixe, as luras ou as hortalizas.
O primeiro que necesitas son, como sempre, ingredientes de calidade: ovos Demillo, de galiñas alimentadas a base de millo, e unha boa fariña de trigo.
A técnica máis simple é secar ben os alimentos, pasalo primeiro pola fariá e logo polo ovo. Pero se queres un rebozado de chef, deixámosche a receita: mestura nun bol 150 gr. de fariña, un vaso de auga fría, un chorrito de coñac, un chisco de sal, un ovo e media cullerada de bicarbonato. Mestura todo ata conseguir unha pasta semilíquida e pasa o peixe ou as hortalizas primeiro por fariña só e logo por esta mestura. E frite en aceite abundante e quente (a uns 180º).

Rebozado con pan relado: empanado
Outros dos rebozados tradicionais máis populares e versátiles, xa que funciona xenial cunha chea de alimentos. Ademais, é unha técnica rápida que potenciará os sabores dos teus pratos e achegará jugosidad e unha textura moi crujiente.
É a técnica empregada para pratos tan famosos como a milanesa, o San Xacobo, o cachopo, os librillos de lombo, o pito empanado ou, por suposto, as croquetas e os ovos encapotados. Pero tamén quedará xenial con vexetais ou peixes.
E que necesitas? Tres ingredientes básicos: ovos Demillo, fariña e pan relado nun terceiro, Seca ben o filete ou o alimento que vaias a empanar, pásao primeiro pola fariñá, pásao polo ovo ata que quede ben cuberto por todos lados e, finalmente, pásao polo pan relado.
E se queres un rebozado aínda máis crujiente, poder repetir a operación e pasalo de novo polo ovo e o pan relado.
Próbao coa nosa receita de croquetas de ovo frito e chourizo.

Rebozado tipo tempura
O rebozado tipo tempura é unha técnica xaponesa que se caracteriza por ter unha cobertura fina e máis lixeira, que non absorbe demasiado o aceite e achega unha textura moi crujiente e aireada. É perfecto para verduras, hortalizas, cogomelos, peixes e mariscos… pero a diferenza dos outros rebozados, conseguir a masa perfecta é máis complicado.
Nós deixámosche estes pasos para conseguir o rebozado tipo tempura perfecto:
-
-
- Bate un ovo Demillo ata que quede perfectamente líquido.
-
- Tamiza unha cunca de fariña, para que quede fina.
-
- Mestura un ovo, a fariña e unha cunca de auga moi fría (a temperatura da auga é moi importante para o resultado final, asegúrache de arreriarla ben na neveira ou con cubitos de xeo).
-
- Corta os alimentos en anacos non moi grandes, do tamaño dun bocado, para non ter que cortalos ao comer.
-
- Reboza os alimentos na tempura rapidamente, non deixes que a masa repouse para que non perda o frío (se fas moita cantidade, asegúrache de manter a masa fría para rebozar).
-
- Frite ao momento, en abundante aceite quente (a uns 180º). Usa un aceite suave, para que non lle achegue moito sabor.
-
- Frite os alimentos só 3-4 minutos e retíraos en canto vexas que se empezan a dourar. Non deixes que se tosten.
- Retira cunha espumadera para que caia o exceso de aceite.
-
Como truco, mantén a mestura ben fría. O cotrase frío-calor é o que che axuda a conseguir a textura fina e airosa. Próbao nesta tempura de mariscos e peixe do Canle Cociña.

Rebozado con panko
É unha alternativa, tamén nipoa, ao empanado tradicional. A diferenza do pan relado, o panko ten flocos máis grandes e absorbe menos aceite ao fritirse. O resultado é un rebozado máis lixeiro e crujiente.
Úsase tamén con carnes, peixes, marisocs… que se pasan primeiro polo ovo batido, cubríndoos ben, e logo polo panko. Pódense fritir en aceite quente, ou tamén preparar ao forno ou en airfryer.
Aquí tes varias receitas.

Rebozado con flocos de millo
Esta nova tendencia non podía faltar na nosa lista de rebozado perfecto. Unha gran alternativa para que os rebozados queden máis dourados, crujientes e cun toque de sabor diferente. Ademais, é unha boa alternativa para os celíacos e os intolerantes ao glúten, sempre que se usen flocos que non inclúan fariñas con glúten.
Para preparar este rebozado, tritura unha cunca de flocos de millo (dos que usas para o almorzo) meténdoos nunha bolsa de conxelado pasando o rodete por encima. Non é necesario que queden moi finos, xa que a graza deste rebozado é que os anacos sexan un pouco grandes.
Bate un ovo Demillo, pasa os alimentos polo ovo e logo rebñozalo ben nos flocos de mmillo triturados. Frite en abundante aceite quente… e a comer. É perfecto para nuggets, fingers e filetes de pito ou pavo.
Aquí tes unha receta de pito rebozado con flocos de millo.
