Huevos de gallinas alimentadas a base de maíz

Saquiños de filloa recheos de bacallau e marisco

Saquiños de filloa recheos de bacallau e marisco

Dificultad: Intermediate Tiempo de preparación 30 mins Tiempo de cocción 20 mins Tiempo de descanso 40 mins Tiempo total 1 hr 30 mins
Porciones: 6
Mejor temporada: Suitable throughout the year

Descripción

Unha das receitas máis representativas da gastronomía galega, as filloas, con outro dos produtos estrela desta terra, o marisco. Estes saquiños recheos de bacallau e marisco son unha aposta segura para sorprender aos teus invitados cos teus entrantes de Nadal. Unha receita de luxo. Que aproveite!

Ingredientes

Elaboración

Vídeo
Off On
  1. Pelamos e limpamos os gambones. Cortámolos en anacos e facemos o mesmo co bacallau.

  2. Picamos a cebola mentres quentamos o aceite nunha tixola.

  3. Deixamos que se faga a cebola. Engadimos o bacallau e os gambóns e deixamos que se fagan durante un minuto. (Neste momento pódese salpimentar, pero tanto o bacallau como o marisco xa achegan sal á receita).

  4. Engadimos os berberechos e o viño branco e deixamos que reduza a salsa.

  5. Cando a salsa se vaia reducindo, engadimos a fariña e revolvemos para integrala.

  6. Engadimos leite e revolvemos continuamente ata que a salsa empece a espesar.

  7. Retiramos e reservamos.

  8. Facemos as filloas seguindo a receita tradicional galega.

  9. Enchemos as filloas coa bechamel, o bacallau e o marisco, pechamos cun cordón de rafia e empratamos.

Palabras claves: navidad, entrantes, cocina fácil,
Archivar en
Leave a Comment

Your email address will not be published.