Rolo de tortilla con salmón e crema de queixo
Descripción
Unha receita moi fácil e rica, que poderás preparar en poucos minutos e que é perfecta para servir cos teus aperitivos ou entrantes de Nadal. Un rolo de tortilla francesa con salmón que sabemos que che encantará!
Ingredientes
Elaboración
-
Batemos os catro ovos Demillo.
-
Preparamos unha bandexa ou recipiente de forno con papel vexetal e prequentamos o forno a 180º.
-
Engadimos os ovos batidos e forneamos uns 15 minutos.
-
Mentres se calla o ovo, mesturamos nun bol o queixo crema co endro, as noces, os pepinillos picados e a pementa moída.
-
Estiramos un anaco de film transparente e colocamos a tortilla encima. Sobre ela, untamos a mestura de queixo crema deixando un dedo de distancia no borde. Encima, coloca os liscos de salmón estirados.
-
Enrolamos con axuda do plástico. Canto máis apertado quede, mellor, se poderá cortar e servir. Envólveo co mesmo film e déixao repousar no frigorífico durante unhas horas.
-
Corta o rolo en porcións cun coitelo ben afiado. Coloca un escarvadentes en cada rolo e serve nunha bandexa. Podes decorar con follas de endro, un pouco de raiadura de limón e un chorriño de aceite de oliva.