Ovos recheos de bacallau e pementos de piquillo
Descripción
Os ovos recheos son un clásico das receitas de verán e hai versións para todos os gustos. A nosa proposta ten moito sabor galego, con ese toque tan distintivo que lle dá o bacallau. Unha opción moi fácil de elaborar e perfecta tanto para un entrante como para levar a unha comida campestre (aínda que sempre ben refrixerados nunha neveira portátil)
Ingredientes
Elaboración
-
Cocemos os ovos 10 minutos e deixamos arrefriar con auga fría mentres preparamos o recheo.
-
Picamos a cebola en anacos pequenos e pochamos nunha tixola cun pouco de aceite.
-
Desmigamos ou cortamos o bacallau desalado e engadimos á tixola coa cebola. Continuamos pochando.
-
Cortamos o pemento en dados pequenos e engadimos tamén á tixola. Mesturamos ben e deixamos que se faga un pouco.
-
Deixamos arrefriar o recheo uns minutos.
-
Mentres, pelamos os ovos, cortámolos á metade e quitámoslle a xema.
-
Cando a mestura do recheo estea fría, engadimos parte das xemas, machucámolas e mesturamos ben. Finalmente engadimos maionesa e seguimos mesturando.
-
Coa axuda dunha manga pasteleira, ou cunha culler, enchemos os ovos.
-
Para levalos á nosa comida campestre, metémolos nunha fiambrera, tapámolos ben e metémolos nunha neveira portátil. Sacámolos no momento no que se vaian a comer.