Huevos de gallinas alimentadas a base de maíz

Verduras de tempada en xuño: 5 produtos que tes que meter na túa cesta

Cando chega xuño, o mercado cambia. Todo ten máis cor, máis olor e, sobre todo, máis sabor. É o momento perfecto para incorporar verduras de tempada á túa cociña e aproveitarlas no seu mellor punto, sen forzar nada.

Escollemos cinco verduras de tempada en xuño, que este mes están no seu mellor momento. E deixámosvos tamén algunhas receitas para cociñalas acompañadas do noso produto favorito: o ovo.


Calabacín, unha axuda para a túa dixestión

Se hai unha verdura que aguanta todo, esa é o calabacín. Á prancha, ao forno, recheo, en crema, rebozado… non hai forma de facelo mal. Ten un sabor suave, combina con case calquera cousa e ademais é saciante e lixeirísimo, así que podes comelo sen remordementos aínda que esteas en plena operación biquini.

Beneficios do calabacín

  • Favorece a dixestión e axuda ao tránsito intestinal
  • Os seus antioxidantes protexen a saúde ocular
  • Achega potasio e magnesio, bos para regular a tensión
  • Contén ácido fólico que coida a túa saúde cardiovascular

Buñuelos de calabacín e queixo feta

Unha forma diferente e deliciosa de aproveitalo é con esta receita: crocantes por fóra, cremosos por dentro e co punto salgado do feta que o fai irresistible. Perfectos para picar ou para unha cea sen complicacións.

Verduras de temporada en junio

Ingredientes:

  • 2 ovos Demillo 
  • 2 calabacíns
  • 125 g queixo feta 
  • 1 ceboliña
  • 1 dente de allo 
  • 2 tsp perexil 
  • 2 tsp menta 
  • 1 tsp eneldo 
  • 12 tsp noz moscada 
  • 50 g fariña
  • Aceite de oliva
  • Sal

Elaboración : Séguea aquí paso a paso


Pementos, ricos en vitamina C

Vermellos, verdes, amarelos. Os pementos son desas verduras de tempada en xuño que alegran calquera prato só con estar aí. En xuño están no seu mellor momento: carnosos, doces e cheos de sabor. E podes prepararlos de moitas formas: asados, en salsa, recheos… ou incluso nunha mousse coma esta.

Beneficios dos pementos

O que igual non sabías é que o pemento ten máis vitamina C ca unha laranxa. Ademais:

  • Son ricos en betacaroteno e vitamina E, que protexen as células
  • Coidan a pel e axudan a absorber o ferro
  • E todo iso con moi poucas calorías

Receita: Pementos rellenos de tortilla de patacas

¿A mellor forma de aproveitarlos este xuño? Rechéandoos. Dous clásicos da cociña galega nun só prato, e o resultado é exactamente tan bo como soa.

Pimientos-rellenos

Ingredientes

  • 4 ovos Demillo
  • 6 pementos italianos ou brancos
  • 500 g patacas de Coristanco
  • 1 l aceite de oliva suave 
  • Sal

Elaboración: Segue todos os pasos neste vídeo


Tomate, protector e diurético

O tomate de tempada non ten nada que ver co do inverno. Cando lle deu o sol como toca, ten un sabor que non precisa case acompañamento: sal, aceite… e punto. É desas verduras de tempada en xuño que non poden faltar na casa.

Beneficios dos tomates

  • O licopeno que contén coida o corazón e ten propiedades protectoras
  • Achega vitaminas A, C e K
  • É diurético e hidratante grazas ao seu alto contido en auga 

Case un superalimento disfrazado de ingrediente de ensalada.

Receta: Tomates recheos de ovo

Para disfrutalo este mes, propoñémosvos unha receita tan vistosa como saborosa. E ademais moi saudable e fácil de preparar.

Tomates de temporada

Ingredientes

  • 6 ovos Demillo
  • 6 tomates medianos
  • 100 gr. queixo ralado
  • 6 culleres de nata líquida
  • 1 dente de allo
  • Ourego
  • Aceite, sal e pementa

Elaboración:

  1. Corta a parte superior do tomate. Saca a polpa e sala o interior.
  2. Colócao boca abaixo, sobre papel de cociña, para que solte a auga. 
  3. Mentres, dora o allo picado, engade a polpa do tomate e sofríe. 
  4. Añade la nata y deja cocinar hasta que la salsa espese. .
  5. Engade a nata e deixa cociñar ata que a salsa espese. Rechea os tomates coa salsa, un pouco de queixo ralado e un ovo cru. Salpimenta
  6. Co forno precalentado a 180º, hornea uns 15 minutos.

Pepino, o máis refrescante do verán

O pepino ten fama de soso e non se o merece. Entre as verduras de tempada en xuño, é exactamente o que precisas cando fai calor: fresco, crocante e hidratante. En ensalada, en gaspacho, con iogur e menta, en paliños para mollo… dá moito máis xogo do que parece.

Beneficios do pepino

  • Cun 95% de auga, é un dos alimentos máis hidratantes que existen
  • Achega vitamina K, importante para os ósos e a coagulación
  • Ten propiedades antiinflamatorias
  • Axuda a regular o azucre en sangue e mantén a pel hidratada dende dentro

Receta: ándwich de pepino e ensalada de ovo

Un sándwich fresco e perfecto para os días de verán, para un pícnic ou para levarte á praia. Combina a textura crocante do pepino coa cremosidade da ensalada de ovo cocido. Encantarache.

Verdura de temporada pepino

Ingredientes

  • 2 Demillo
  • Pepino
  • 1 culler de mostaza de Dijon
  • 1 tomate pequeño
  • Rúcula
  • Pan de molde
  • Sal, pementa e eneldo

Elaboración:

  1. Coce os ovos Demillo 10 minutos.
  2. Lava e corta o pepino e o tomate en rodas.
  3. Pica os ovos e mestura coa maionesa, a mostaza e o eneldo. 
  4. Monta o sándwich coa rúcula, o tomate, o pepino e a ensalada de ovo.
  5. Tosta o sándwich.

Xudías verdes, sas e antioxidantes

Un clásico que nunca pasa de moda entre as verduras de tempada en xuño. Sinxelas, fáciles de cociñar e que combinan con case todo. Salteadas con allo, en ensalada fría ou nun guiso rápido co que teñas na neveira.

Beneficios das xudías

  • Contribúen á formación das células e betacarotenos, actuando como antioxidantes
  • Son moi saciantes grazas ao seu alto contido en fibra
  • Boas para o tránsito intestinal
  • Achegan vitaminas B, C e K, ferro e calcio vexetal

Receta: Xudías con xamón e ovo cocido

Unha desas receitas clásicas da casa da avoa: un prato completo e equilibrado que podes preparar en menos de media hora. Un prato de toda a vida que segue funcionando porque está riquísimo.

Cenas-rapidas-judias

Ingredientes

  • 4 ovos Demillo 
  • 500 g xudías
  • 150 g xamón serrano
  • 1 cebola 
  • Aceite de oliva 
  • Sal 
  • Pementa negra

Elaboración: Segue os pasos aquí

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.