Sobremesas da avoa para o Día de Galicia
O 25 de xullo Galicia celebra o seu día, e como en case todas as súas festas, faio tamén na mesa. Cando falamos de sobremesa galego, avoas e Día de Galicia, seguramente todos pensaremos na xa universal Torta de Santiago. Pero hai outras moitas receitas tan galegas, tan tradicionais e tan deliciosas. Contámoschas neste post e deixámosche as receitas.
Neste post queremos celebrar o Día de Galicia reunindo algúns das sobremesas da avoa máis tradicionais que che poderás atopar na mesa. Toma nota e elixe o que máis che guste.
Tarta de Santiago
É unha das sobremesas máis coñecidas e tradicionais de Galicia. A receita tradicional elabórase con só tres ingredientes (améndoa, azucre e ovos) e adórnase con azucre glass para dar forma á cruz de Santiago.
Filloas
Aínda que son típicas de Entroido, aos galegos encántannos todo o ano e para celebrar en calquera ocasión. Con mel, con azucre, con crema, con chocolate… ou soas.
Larpeira
Outra das receitas máis emblemáticas das avoas galegas. Un doce esponjoso, que lembra un pouco á rosca de reis, pero co seu toque particular de crema pasteleira e caldo de azucre. Próbaa con esta receita de La Cocina de Frabisa.
Bica de nata
Outra delicia dos receitarios tradicionais de Galicia. Moi típica da provincia de Ourense, conquistou toda a comunidade co seu peculiar sabor e textura. Aquí tes a receita.

Tarta da avoa
Non pode faltar na nosa selección de sobremesas da avoa para celebrar o Día de Galicia porque é un deses doces que encanta a pequenos e maiores. Encantarache!