Renovamos imaxe! Coñece o novo pack de Demillo
Desde este mes de setembro xa están nos supermercados os nosos novos packs de ovos Demillo. Tras oito anos no mercado, quixemos renovar a nosa imaxe e darlle un novo aire. Pero iso si, no interior atoparás os mesmos ovos de galiñas alimentadas con millo, coa mesma calidade excepcional de sempre.
A todos gústanos renovar o look de cando en vez, e en Demillo non queriamos ser menos. Saímos ao mercado en 2016 e durante estes oito anos consolidámonos como unha das principais marcas de ovos galegas, pola calidade dos nosos ovos de galiñas alimentadas a base de millo. Agora, decidimos renovar o noso pack por fóra, para seguir ofrecendo o mesmo excepcional produto dentro.
Diferenciar as 3 categorías
Un dos principais obxectivos da nosa renovación de imaxe era diferenciar dunha maneira máis clara as tres categorías de ovos que comercializa Demillo: granxa, chan e campero. O código de cor que habitualmente se utilizaba no estoxo para diferenciar as categorías, trasladouse agora tamén á etiqueta para que resulte máis facilmente recoñecible.
O laranxa identifica os nosos ovos de galiñas de granxa.
E o amarelo aos ovos de galiñas camperas, que se presentan en pack de 6 e de 10.
Ademais, a categoría está máis claramente identificada no texto do packaging, cun texto máis grande para que se vexa á primeira ollada.
Máis protagonismo ao noso aceno de identidade
Co cambio quixemos dar tamén máis protagonismo a unha dos nosos acenos de identidade, o ovo de grans de millo. Esta icona que xa nos identificaba no pack antigo, toma agora máis protagonismo ao colocarse no centro da parte superior da caixa de ovos e aparecer tamén o a parte frontal, para que poida verse claramente no lineal do supermercado cando os packs están amontoados.
Así que xa sabes: nova imaxe por fóra, mesma calidade de ovos por dentro! Busca o noso novo pack nalgunha das cadeas de supermercados que comercializa a nosa marca.