Para os que xa deixaron atrás o debate “tortilla con cebola ou tortilla sen cebola”, propoñemos un novo dilema: a tortilla rechea. Ten grandes detractores, que opinan que non hai que desvirtuar unha das receitas máis icónicas da gastronomía española engadindo “complementos”; pero tamén fieis partidarios do “con”. Para eles é esta receita, con moito corazón galego para “complementar” a tortilla española.
Tortilla rechea de lacón e queixo galego
Ingredientes
Elaboración
-
Pelamos e cortamos as patacas en toros duns 2-3 centímetros de grosor.
-
Fritimos as patacas en abundante aceite de oliva
-
Mentres as patacas de friten, cortamos o queixo en liscos dun grosor similar (ao redor de 1,5 cm)
-
Batemos os 4 ovos Demillo nun bol.
-
Cando as patacas estean brandas (pero non tostadas), retirámolas do aceite, escorrendo ben o exceso.
-
Mesturamos as patacas co ovo batido e engadimos sal á mestura.
-
Nunha tixola antiadherente cun pouco de aceite, vertemos a metade da mestura de ovos e pataca.
-
Colocamos encima os liscos de queixo e de xamón asado.
-
Vertemos o resto da mestura de ovos e patacas encima, tapando o recheo.
-
Cando a tortilla empece a estar feita (os bordos estean callados e dourados), dámoslle a volta para que se faga polo outro lado.
-
Deixamos que se faga uns minutos polo outro lado... e listo. Xa podemos sacala do lume e levala á mesa para comer quente e co queixo fundido. Unha delicia!