Tortilla de patacas, roxóns e queixo galego
Descripción
Unha receita de tortilla moi galega, co intenso sabor dos roxóns de porco e a cremosidade e suavidade do queixo galego de Arzúa-Ulloa. Unha aposta segura para levar de romaría ou a unha comida campestre.
Ingredientes
Elaboración
-
Pelamos as patacas e cortámolas en anacos duns 3 mm de grosor.
-
Fritimos as patacas en abundante aceite ata que estean brandas. Mentres batemos os 7 ovos nun bol e salgamos.
-
Retiramos as patacas, escorremos e botámolas no ovo batido
-
Cortamos o queixo en anacos pequenos e engadímolo á mestura de ovos e patacas.
-
Engadimos tamén os roxóns desmenuzados. Mesturamos ben todos os ingredientes para que se integren.
-
Envorcamos a mestura nunha tixola engraxada con un pouco de aceite de oliva.
-
Deixamos que a tortilla se faga uns minutos por unha banda e dámoslle a volta coa axuda dun prato ou un xiratortillas.