Tortilla de pataca, pementos de Padrón e chourizo de Lalín
Descripción
Nunha boa comida campestre hai unha receita que non pode faltar: unha tortilla, e esta ten moito sabor galego. Os pementos de Padrón e o chourizo de Lalín son unha combinación infalible para engadir á clásica tortilla de pataca. Triunfarás!
Ingredientes
Elaboración
-
Empezamos limpando os pementos, quitando os rabos e as sementes. Freimos e reservamos.
-
Cortamos o chourizo en dados pequenos e salteamos cun chisco de aceite. Reservamos.
-
Pelamos e cortamos as patacas en láminas finas, e freimos en aceite (unha boa cantidade para que as cubra).
-
Batemos os ovos, engadimos un chisco de sal, as patacas, os pementos e o chourizo. Mesturamos.
-
Vertemos a mestura na mesma tixola na que salteamos o chourizo e douramos a tortilla por ambos lados.
-
¡Tortilla preparada para sair a comer o campo!