Torta de queixo estilo A Viña
Descripción
Un clásico entre as tortas de queixo. Unha sobremesa perfecta para calquera ocasión e tamén para levar a unha comida campestre. E se queres darlle un toque galego, combínaa cun pouco de marmelo e terás o peche perfecto para calquera festa, romaría ou comida.
Ingredientes
Elaboración
-
Nun bol fondo, batemos lixeiramente os ovos con balea, sen que cheguen a facer escuma.
-
Engadimos o azucre e integramos ben co ovo.
-
Agregamos agora a fariña e integramos.
-
Engadimos o queixo crema a temperatura ambiente e integramos coa axuda dunha espátula de silicona, ata que quede unha masa lisa e sen grumos.
-
Por último, sumamos a nata líquida e mesturamos ben co resto dos ingredientes.
-
Forramos un molde desmontable con papel de forno e vertemos a masa.
-
Enfornamos durante 40 ou 45 minutos a 200 graos.
Aínda que habitualmente o interior desta torta tira a líquido, para levar de comida campestre recomendamos deixala uns 10 minutos máis no forno para que a masa calle máis.
-
Retiramos do forno, deixamos arrefriar durante unha hora e desmoldamos con coidado.
-
E agora, a gozar da túa sobremesa!