Huevos de gallinas alimentadas a base de maíz

Tarta de San Martiño

Tarta-san-martiño

Tarta de San Martiño

Dificultad: Intermediate Tiempo de preparación 70 mins Tiempo de cocción 45 mins Tiempo de descanso 30 mins Tiempo total 2 hrs 25 mins
Porciones: 6
Mejor temporada: Fall

Descripción

O 11 de novembro celébrase o San Martiño, patrón da cidade de Ourense. Unha celebración que, como sempre en Galicia, vívese especialmente na mesa, con produtos de tempada. E unha das receitas máis icónicas e tradicionais deste día é a Torta de San Martiño, un delicioso biscoito elaborado cunha das raíñas do outono: a castaña. O sabor e a textura desta sobremesa son inigualables.

Ingredientes

Elaboración

  1. Empezamos cocendo as castañas. Pelámolas e poñémolas nun cazo con auga e un chisco de sal. Deixámolas cocer uns 45 minutos ata que estean brandas. Retirámolas do lume, escorrémolas e deixamos que amornen un pouco para retirarlles a pel interior. 

  2. Nun bol mesturamos as castañas cocidas co leite e batemos para obter unha crema homoxénea. Reservamos. 
  3. Noutro bol, mesturamos a améndoa moída, a fariña e o fermento. Reservamos.

  4. Separamos as claras das xemas e batemos as claras a piques de neve cun par de cullerada de azucre e un chisco de sal. Reservamos.

  5. Agora mesturamos a manteiga, que debe estar branda, e o azucre. Cando estean ben integrados, engadimos as xemas dos ovos e integramos todo de novo. 

  6. Engadimos a crema de castañas á mestura anterior e mesturamos todo ben. 
  7. Incorporamos agora a mestura de améndoa e fariña en dúas quendas. Poñemos a metade, mesturamos ben, engadimos a outra metade e integramos ata obter unha masa homoxénea. 

  8. Por último, incorporamos as claras a piques de neve, tamén en dúas quendas, e integrámolas con movementos envolventes. 

  9. Forramos un molde para o forno e vertemos nel a mestura. Enfornamos os primeiros 15 minutos a 180 graos e logo uns 30 minutos máis a 170 graos (comproba picando cun escarvadentes que sae seco). 

  10. Deixamos arrefriar uns 30 minutos, desmoldamos e decoramos con azucre glass por encima. Podes completar a decoración escribindo San Martiño sobre o azucre ou con sirope de chocolate. 

Palabras claves: tradicional, galega, sobremesas
Archivar en
Leave a Comment

Your email address will not be published.