Huevos de gallinas alimentadas a base de maíz

Rosca galega de Pascua

Tiempo total: 12 hrs 25 mins Dificultad: Intermediate
Rosca-gallega-de-pascua

Un dos doces máis tradicionais da Semana Santa en Galicia. O Luns de Pascua é costume que os padriños regalen a rosca galega de Pascua aos seus afillados.

Este doce de masa esponxosa, que nos lembra a Rosca de Reis ou á Larpeira, simboliza o final da Coresma e a celebración dos novos comezos. Unha receita con moito sabor que che contamos como preparar paso a paso para que poidas desfrutar en casa dunha das tradicións máis queridas da gastronomía de Pascua.

Rosca galega de Pascua

Dificultad: Intermediate Tiempo de preparación 45 mins Tiempo de cocción 40 mins Tiempo de descanso 11 hrs Tiempo total 12 hrs 25 mins
Mejor temporada: Spring

Descripción

A rosca galega de Pascua é un doce tradicional de Semana Santa que simboliza celebración e novos comezos. Ligada ao Luns de Pascua e á tradición dos padriños, destaca pola súa masa esponxosa e o seu sabor de sempre.

Ingredientes

Prefermento

Para la masa

Para decorar

Instructions

Prefermento

  1. Poñemos o leite morno nun conto e disolvemos nela o fermento fresco.
  2. Engadimosla fariña e e mesturamos  ata obter unha masa homoxénea.

  3. Tapamos con filme ou cun trapo limpo e deixamos fermentar a nun lugar cálido unhas 6-8 horas.

Masa

  1. Mestura nun bol o prefermento con 3 ovos Demillo enteiros, 1 xema, o leite, o azucre , a esencia de anís, ralladura de laranxa e a mel ou almíbar (danlle humidade a masa e farán que a rosca dure máis tempo sen endurecer).
  2. Engade a fariña, cun chisco de sal, e amasa ata que todo estea ben integrado (podes usar unha amasadora, pero se amasas á man terás máis control sobre a textura e humidade da masa). 
  3. Engadimos agora a manteca ou a manteiga en pomada aos poucos, amasando ben ata conseguir unha masa elástica e lisa. A manteca é a que se usou sempre na receita tradicional e aporta un sabor diferente. 

  4. Facemos unha bóla, poñémola nun bol, cubrímola e deixamos repousar nun lugar cálido ata que dobre o seu volume (1 ou 2 horas aproximadamente).

  5. Unha vez repousase, amasamos de novo para quitar o aire e deixamos repousar outros 10 minutos. 
  6. Dividimos a masa en dúas. Con cada parte facemos un rulo longo. 

  7. Trenza os dous rulos e péchaos dándolle forma de rosca. Podes pintar os bordes con auga para que se pegen mellor as partes. 
  8. Poñemos a rosca na bandexa do forno, pintámola con ovo batido e poñemos un vaso ou molde redondo no centro para que non cerre de todo.  Deixámola repousar dentro unha hora e media ou duas horas máis, para unha segunda fermentación. 
  9. Pintamos de novo a rosca con ovo batido e espolvoreamos con azucre humedecido con auga. 
  10. Enforna a 180º durante uns 40 minutos, vixiando que non se toste demasiado por arriba. 

Palabras claves: Galicia, tradicional, Pascua
Leave a Comment

Your email address will not be published.