Ovos ao purgatorio
Descripción
Unha receita da avoa típica de Italia, en concreto da zona de Nápoles. O seu nome débese a que o prato acabado lembra algunhas imaxes relixiosas nas que as almas tentaban escapar do lume do inferno.
Moi parecida aos ovos ao prato españois, é con todo, unha receita aínda máis sinxela e con menos ingredientes. Nuns 10-15 minutos podes telo listo.
Ingredientes
Elaboración
-
Picamos a cebola e o allo e pochamos nunha tixola coa cullerada de aceite.
-
Pelamos o tomate e cortámolos en dados. Engadimos á tixola coa cebola e o allo. Salpimentamos e deixamos que se vaia facendo aos poucos, esmagando os anacos de tomate para que se vaian desfacendo. (Tamén se pode usar tomate triturado)
-
Engadimos tamén a albáfega para que se integre coa salsa.
-
Cascamos os ovos e poñémolos encima da salsa de tomate, deixando separación entre eles.
-
Tapamos a tixola e deixamos que os ovos se vaian facendo coa salsa e o vapor durante uns 5 minutos, ata que a clara calle.
-
Retiramos do lume, adornamos con máis albáfega fresca se é de noso agrado. E prato listo para comer!