Huevos de gallinas alimentadas a base de maíz
Recetas-de-navidad-merluza

Merluza a mariñeira

Dificultad: Beginner Tiempo de preparación 40 mins Tiempo total 40 mins
Porciones: 4
Mejor temporada: Suitable throughout the year

Descripción

Unha desas receitas de toda a vida, que foron pasando de xeración en xeración, e que nunca pasan de moda. É perfecta para o menú do Nadal porque a pescada é un deses peixes que gustan a nenos e adultos. É fácil de elaborar, rápida... e co toque de ovo cocido Demillo, irresistible. Próbaa!

Ingredientes

Elaboración

  1. Cocemos os ovos 8-10 minutos e reservamos

  2. Limpamos os lagostinos e reservamos

  3. Nunha cazola baixa con aceite de oliva, preparamos un sofritido cunha cebola e dous dentes de allo picados.

  4. Engadimos tamén o tomate. Cando a cebola empece a estar traslúcida, engadimos unha culler de fariña. 

  5. Removemos para que se toste a fariña e incorporamos  75 ml de viño branco.

  6. Deixamos que se evapore o alcol e engadimos dous ou tres cacitos de fumé.
  7. Incorporamos a pescada á cazola. Salpimentamos e deixamos que se cociñe uns 5 minutos.

  8. Engadimos os lagostinos pelados,  e un pouco de perexil picado.

  9. Cociñamos outros 5 minutos e engadimos o ovo cocido. 

  10. Empratamos... e a comer!

Palabras claves: tradicional, navidad, principal
Leave a Comment

Your email address will not be published.