ovos recheos de marisco
Descripción
Se nestas festas queres impresionar aos teus invitados, sen dúbida tes que empezar o menú do Nadal con estes ovos recheos de marisco como entrante. Hoxe ensinámosche como preparalos nuns simples pasos, É moi sinxelo!
Ingredients
Elaboración
-
Poñemos os ovos para cocer 8-10 minutos. E cocemos tamén o boi de mar (uns 20 minutos) e os lagostinos, se son frescos.
-
Mentres os ingredientes cocen, preparamos un sofritido coa cebola e sal.
-
Cando estea dourada, engadimos o tomate e integramos ben.
-
Engadimos o viño branco e reducimos.
-
Cando o viño reduciuse, retiramos da tixola e envorcamos o sofritido nun vaso de batedora. Trituramos a salsa.
-
Desmenuzamos o boi de mar, pelamos os lagostinos e cortámolos. Reservamos algúns lagostinos para o empratado.
-
Engadimos o marisco á salsa do sofritido e mesturamos ben.
-
Cortamos os ovos á metade e quitámosllles as xemas. Incorporamos unha parte á mestura anterior de slasa e marisco, machucándoas e integrándoas ben.
-
Preparamos as maionesas con 1 ovo, sal, vinagre e aceite de oliva.
-
Enchemos os ovos coa mestura de marisco e sofritido e cubrimos cunha cullerada de maionesa.
-
Arrefriamos uns minutos na neveira e entrante listo!