Galletas de xenxibre: receita do Nadal para os máis peques
Descripción
Aínda que as galletas de xenxibre ou gingerbread son coñecidas en todo o mundo, o certo é que en cada país personalízanse dunha forma distinta: en Alemaña son típicos os corazóns, as figuras de animais e as estrelas; en Noruega os anxos; pero podemos darlle a forma que queiramos. Unha receita fácil e super divertida para facer cos máis pequenos, encantaralles!
Ingredientes
Como facer as túas galletas de xenxibre
Para a masa
-
Nun bol, botamos a manteiga partida, o azucre moreno e o mel
-
Quentamos a lume baixo ata que se derrita, removemos mentres engadimos o resto de especias e deixamos arrefriar 10 minutos
-
Tamizamos a fariña, o bicarbonato e o sal
-
Formamos un oco e engadimos o ovo e os ingredientes húmidos
-
Batemos coas baleas e mesturamos todo ata que quede unha masa homoxénea
-
Envorcar a masa nunha base con papel filme, estendela e envolvela co papel
-
Deixamos arrefriar, polo menos, dúas horas
-
Prequentamos o forno a 180ºC e preparamos un par de bandexas con papel de forno enfarinado
-
Dividimos a masa en dúas metades e estendemos co rodete, deixando un grosor de 4-6mm (canto máis finas, máis crocante!)
-
Utilizamos os cortadores das figuras que máis nos gusten para recortar, colocamos na bandexa...e ao forno!
-
Agardamos 10-12 minutos a que os bordos se vexan tostados para sacalas e deixamos arrefriar
Para decoralas
-
Nun bol, engadimos aos poucos o azucre glasé e removemos con axuda dunha espátula
-
Cunha manga pasteleira, decoramos as nosas galletas como queiramos, e a comer!