Galletas con chocolate e M&m’s: un postre para toda a familia
Descripción
Un deses antollos caseiros que sempre conquistan, perfectas para unha merenda especial, para acompañar o café da tarde ou para preparar cos pequenos nun momento divertido. Brandas por dentro, lixeiramente crocantes por fóra e con ese toque de chocolate que alegra calquera día.
A continuación contámosche como facelas na casa de forma sinxela, cos ingredientes de sempre e co sabor auténtico que só uns bos ovos Demillo poden achegar.
Ingredientes
Instrucións
Mestura a base
-
Nun bol grande, bate a manteiga co azucre branco e o azucre moreno durante 1–2 minutos, ata obter unha textura cremosa.
-
Engade os ovos e mestura de novo ata que estean completamente integrados.
Engade os ingredientes secos e o chocolate
-
Engade a fariña, a vainilla e unha pinga de sal.
-
Mestura cunha espátula ou unhas variñas manuais ata obter unha masa homoxénea.
-
Incorpora as pepitas ou anacos de chocolate e remexe suavemente ata repartilos ben por toda a masa.
Forma e ao forno
-
Prequenta o forno a 180 °C.
-
Forma boliñas do tamaño dunha noz e colócaas nunha bandexa con papel de forno, deixando uns 5 cm entre cada unha.
-
Enforna entre 8 e 10 minutos, ata que os bordos comecen a dourarse.