Flan de turrón
Descripción
O noso clásico flan de ovo vístese de Nadal e integra a sobremesa máis típica desta época: o turrón. O resultado, espectacular.
Ingredientes
Elaboración
-
Para facer o caramelo, poñemos un recipiente ao lume co azucre e un pouco de auga.
-
Mentres se fai o caramelo, poñemos o leite para quentar nun cazo.
-
Partimos o turrón e incorporámolo ao leite quente. Trituramos coa batedora.
-
Batemos os ovos e engadímolos á mestura de leite e turrón. Mesturamos ben.
-
Cando o caramelo empece a ter un ton marrón, sacámolo do lume e vertemos nunha flanera, repartindo ben por toda a superficie.
-
Vertemos a mestura de ovo, leite e turrón encima do caramelo.
-
Colocamos a flanera nunha pota con auga e enfornamos ao baño maría, a 180º, durante 60 minutos (o tempo varía en función do tamaño da flanera. En moldes individuais, serán suficientes uns 25 minutos).
-
Sacamos do forno e deixamos arrefriar unha media hora na neveira.
-
Desmoldamos e decoramos coa menta, a nata montada e as frambuesas.