Huevos de gallinas alimentadas a base de maíz

Flan de ovo para namorar

Porciones: 6 Tiempo total: 30 mins Dificultad: Intermediate
Recetas-san-valentin

Flan de ovo para namorar

Dificultad: Intermediate Tiempo de preparación 30 mins Tiempo total 30 mins
Porciones: 6
Mejor temporada: Suitable throughout the year

Descripción

É o rei de corazóns das sobremesas da avoa... e unha opción infalible para esas esas ceas ás que chegas feito un flan. Aínda que a receita é, aparentemente sinxela e ten poucos ingredientes, para que salga perfecto hai que poñerlle un pouco de amor.

Ingredientes

Elaboración

Para hacer el caramelo

  1. Poñemos nunha pota 150 gr. de azucre, engadimos a auga e un chorro de zume de limón. Quentamos a lume medio. 

  2. Move a pota cando vexas que o caramelo empeza a formarse por abaixo, para que o líquido se vaia mesturando. 

  3. Cando toda a mestura teña unha cor tostada, xa podes apagar o lume e deixalo repousar uns segundos para que siga cociñándose coa calor residual. 

  4. Vérteo e esténdeo polo fondo do molde, creando unha capa fina e refugando o excedente (ou gardándoo para outra elaboración)

Para hacer el flan

  1. Poñemos ao leite para quentar a lume suave coa vaina de vainilla aberta. Cando empezo a ferver, apaga e reserva. 

  2. Separamos as xemas de dous ovos (gardamos a clara para outra preparación) e batemos nun bol as xemas e os outros catro ovos, xunto co azucre. Mesturamos todo ben. 

  3. Vertemos o leite quente sobre a mestura de ovos aos poucos, en forma de chorrito, mentres mesturamos suavemente. 
  4. Vertemos agora a mestura na flanera (se é para San Valentín, usa unha con forma de corazón). 
  5. Colocamos a flanera nunha fonte fonda con auga quente, que chegue ata a metade do molde para que cubra pero para que a auga non salpique o flan. 

  6. Enfornamos ao baño maría, a 160º, durante 45-50 minutos, ata que calle. Importante que a temperatura do forno sexa constante. . 

  7. Retiramos do forno e deixamos arrefriar, primeiro a temperatura ambiente e logo na neveira.  O recomendable é deixalo repousar na neveira unhas 24 horas antes do seu consumo. 

Palabras claves: tradicional, casera, postres, fácil
Leave a Comment

Your email address will not be published.