
Filloas galegas de leite
Descripción
Non confundir cun crepe! As filloas son unha das receitas imprescindibles no " Entroido" galego, unha sobremesa tradicional que non falta en ningunha casa galega durante estas datas... e durante o resto do ano.
As primeiras referencias claras desta sobremesa remóntanse á época romana, pero hai indicios de que xa os pobos celtas podían preparar algo parecido.
Ingredientes
Elaboración
-
Batemos os ovos nun bol e engadimos o leite, a auga e o chisco de sal.
-
Mesturamos todo ben. Imos engadindo a fariña tamizada, revolvendo ben para ligar a masa e que non queden grumos. A masa non debe quedar espesa, senón máis ben líquida, homoxénea e sen grumo.
-
Deixamos repousar a masa unha media hora, máis ou menos.
-
Poñemos ao lume unha tixola antiadherente (ou unha filloeira) e co fondo liso, para que a calor se reparta uniformemente. Cando tome temperatura, engraxamos co anaco de touciño picado nun garfo (se non tes touciño, pódese pintar con aceite de oliva, repartindo ben por toda a superficie). Cun cullerón, collemos masa e a vertemos na tixola e, virando a tixola con movementos circulares, estendémola ben para que cubra toda a superficie de maneira uniforme, creando unha capa fina.
-
Con un cucharón, cogemos masa y la vertemos en la sartén y, girando la sartén con movimientos circulares, la extendemos bien para que cubra toda la superficie de manera uniforme, creando una capa fina.
-
Cando os bordes da filloa se empecen a separar da tixola, dámoslle a volta cos dedos e deixamos que se faga polo outro lado.
-
Repetimos este proceso co resto da masa ata terminala.
-
Agora só queda decidir con que comes as túas filloas: soas, con azucre, con canela, con mel, con chocolate... ou mesmo recheas cos restos do cocido. Están buenísimas con todo!