Empanadillas de queixo e marmelo
Descripción
Queixo e marmelo! Este é o broche de ouro de moitas comidas en Galicia, unha das nosas sobremesas tradicionais. E como fanáticos e defensores que somos da tradición galega, esta combinación non podía quedarse fóra do noso receitario. Así que o convertemos en empanadilla.
Ingredients
Instrucións
-
Quentamos nun cazo a auga, o aceite e o leite ata que fervan. Arrefriamos e engadimos sal á mestura
-
Colocamos nunha cunca a metade da fariña e poñemos ovo no medio.
-
Vertemos a mestura de auga, aceite e leite sobre a fariña e o ovo e revolvemos.
-
Vamos engadindo fariña ata que quede unha masa que non se pegue nas mans.
-
Retiramos a masa do bol, espolvoreamos fariña sobre unha mesa e estirámola con un rodete.
-
Sobre cada círculo, colocamos un anaco de queixo e un anaco de marmelo.
-
Dobramos o círculo pola metade para envolver o queixo e o marmelo e selamos cun garfo.
-
Fritimos as empanadillas en aceite abundante e quente.
-
¡Listas para comer!