
Empanadillas de ovo, tenreira galega e pasas
Descripción
Unhas empanadillas inspiradas nunha receita peruana, pero con toque galego, que sabemos que che encantarán. Unha combinación de sabores doces e salgados que se poden complementar cun toque acedo de zume de lima. E perfectas para levar a unha comida ao aire libre. Próbaas!
Ingredientes
Elaboración
-
Cocemos os ovos en auga con sal e vinagre 10 minutos
-
Mentres, picamos a cebola en anacos pequenos e o allo.
-
Pochamos a cebola e o allo. Engadimos a carne picada, o sal, a pementa e as especias. Revolvemos e deixamos que se faga a carne.
-
Pelamos os ovos cocidos (previamente arrefriados con auga, para pelalos mellor). Picámolos en anacos pequenos.
-
Mesturamos a carne, o ovo cocido e pásalas. Integramos ben toda a mestura.
-
Colocamos un anaco de masa, previamente cortada en círculos. Podes usar masa comprada ou facela caseira con esta receita de Demillo.
-
Enche cada círculo de masa cunha cullerada de carne, ovo e pasas. Pecha a empanadilla, píntaa con ovo e sélaa o bordo cun garfo.
-
Cando teñas todas as empanadillas montadas, colócaas nunha fonte de forno e enforna uns 15 minutos (ata que a masa estea dourada) a 180º).
-
Xa tes empanadillas listas! E deixámosche unha suxerencia: cando as comas, ábreas pola metade e bótalle unhas gotitas de lima. A mestura de salgado, doce e ácido encantarache.