
Crema de coliflor con ovo escalfado
Descripción
A coliflor é un dos ingredientes tradicionais do Nadal en Galicia. A receita máis típica é o Bacallau con coliflor á galega, pero nós propoñémosche que a incorpores ao teu menú do Nadal doutra forma: en crema. É un primeiro prato perfecto para as ceas ou comidas das festas, ou unha saudable alternativa para os días posteriores aos grandes banquetes. Sempre complementada co ovo escalfado, un cociñado saudable e delicioso que podes preparar con distintas técnicas que che deixamos neste post.
Ingredientes
Elaboración
-
Cortamos a cebola e o allo porro en brunoise e sofritimos cun pouco de aceite nunha pota.
-
Cortamos a pataca e a coliflor en anacos e engadímolos tamén á pota.
-
Cubrimos con auga, engadimos un chisco de sal e cociñamos uns 40 minutos.
-
Cando a coliflor estea branda, retiramos do lume, escorremos unha boa parte da auga, para que a crema non quede moi líquida, e trituramos ata que quede unha textura suave e cremosa.
-
Probamos e corriximos de sal. Engadimos tamén noz moscada.
-
Preparamos os ovos escalfados. Podes facelo seguindo diferentes técnicas, pero para esta receita recomendámosche facelo así: coloca un filme sobre un cunco pequeno, engráxao con aceite, pon o ovo encima e pecha o filme. Quenta a auga e retíraa do lume antes de que rompa a ferver. Mergulla o paquetito co ovo e déixao uns 4-6 minutos. Retira da auga e retira o filme.
-
Empratamos a crema, colocamos o ovo escalfado encima.. e a comer!