Buñuelos de vento de anís
Descripción
Outra sobremesas emblemática dos receitarios tradicionais da avoa e do "entroido" galego. Os bolos de vento de anís son fáciles de preparar e teñen un sabor tenro que nos encanta. Apunta a receita.
Ingredientes
Elaboración
-
Mesturamos os ovos co azucre. Engadimos a manteiga derretida, o anís, o leite e a ralladura de laranxa. Mesturamos todo ben.
-
Imos agregando a fariña por quendas, integrando ben cada parte antes de engadir a seguinte.
-
Cando a masa estea ben mesturada e uniforme, tapámola cun pano e deixámola repousar uns 15 ou 20 minutos.
-
Quentamos unha tixola con abundante aceite para fritir os bolos de vento.
-
Cando o aceite estea quente, imos creando os bolos de vento sobre a tixola. Podemos usar unha manga pasteleira ou unha culler. Tentamos darlles forma redondeada e dun tamaño non demasiado grande para que non queden crus por dentro.
-
Cando os bolos de vento estean dourados por todos lados, retirámolos a unha reixa para que escorran o aceite.
-
Seguidamente, os rebozamos en azucre. E xa temos uns deliciosos bolos de vento listos!