Huevos de gallinas alimentadas a base de maíz

Bolos de bacallau

Porciones: 4 Tiempo total: 1 hr 20 mins Dificultad: Beginner
Buñuelos-de-bacalao-recetas-semana-santa

Unha receita típica de Semana Santa, pero perfecta para comer en calquera momento do ano. Os bolos de bacallau son un deses sinxelos pratos do receitario da avoa que pasaron de xeración en xeración e que nunca pasan de moda. Aínda que a súa orixe é humilde, o seu sabor é gourmet.

Bolos de bacallau

Dificultad: Beginner Tiempo de preparación 30 mins Tiempo de cocción 20 mins Tiempo de descanso 30 mins Tiempo total 1 hr 20 mins
Porciones: 4
Mejor temporada: Suitable throughout the year

Descripción

Outro dos clásicos do receitario da avoa para Semana Santa.

Ingredientes

Elaboración

  1. Curta as faragullas de bacallau en anacos pequenos ou pásaos por unha picadora.
  2. Pica o perexil e o dente de allo todo o finos que poidas. 
  3. Tamiza a fariña mesturada e o fermento nun bol.
  4. Casca os ovos no mesmo bol e mestúraos coa fariña. 
  5. Engade a auga e mestura todo ben ata que non queden grumos (podes pasalo pola batedora).
  6. Integra tamén o allo e o perexil. 
  7. E para rematar incorpora o bacallau, mesturando ben coa masa. É o momento tamén de salpimentar, aínda que se non che gusta a comida moi salgada, co que achega o bacallau será suficiente. 

  8. Deixa repousar a masa uns 30 minutos na neveira ou nun lugar fresco. 
  9. Prepara unha tixola con abundante aceite. Cando estea quente, vaite collendo culleradas de masa e verténdoas na tixola. 
  10. Frite os bolos de vento polos dous lados e sácaos para un papel absorbente. 
  11. Prato listo para desfrutar! Podes acompañalos dalgunha salsa con ovo como estas que te recomendamos neste post
     
Palabras claves: tradicional, Galicia, cuaresma
Leave a Comment

Your email address will not be published.