Obradoiros solidarios de Nadal con Huevos Demillo!

Terán lugar o vindeiro 30 de decembro en Santiago de Compostela e A Coruña.
Un ano máis, desde Huevos Demillo queremos poñer en valor a cociña como un espazo para compartir tempo, receitas e recordos. Por iso, dentro da nosa campaña de Nadal, organizamos dous obradoiros navideños pensados para cociñar en familia e reforzar os vínculos entre pequenos e maiores.
As actividades están dirixidas especialmente a avós e netos, pais e fillos, tíos e sobriños, co obxectivo de gozar xuntos arredor dos fogóns e converter a cociña nun punto de unión interxeracional.
Obradoiro solidario de Tronco de Nadal en Santiago
O obradoiro de Santiago de Compostela celebrarase en Hello Cooking (Rúa do Sar, 96), en horario de 17:00 a 20:00 horas. Durante a actividade, as familias elaborarán un tradicional Tronco de Nadal, aprendendo receitas e trucos de repostaría nun ambiente próximo, participativo e pensado para todas as idades.
Obradoiro solidario de sobremesas de Nadal na Coruña
Na Coruña, o obradoiro terá lugar tamén en Cooworking (Av. do Exército, 68) e no mesmo horario. Neste caso, a proposta centrarase na elaboración de diferentes sobremesas de Nadal, pensadas para desfrutar e compartir en familia durante as festas.
Unha iniciativa solidaria no Nadal
Ambos os dous obradoiros teñen un marcado carácter solidario. O prezo de inscrición é de 10 euros por persoa e a totalidade da recadación destinarase a Asdegal, unha ONG galega que desenvolve distintos proxectos sociais orientados a mellorar a calidade de vida de persoas en situación de vulnerabilidade.
Entre as súas liñas de actuación atópanse os programas de acompañamento a persoas maiores que viven situacións de soidade, así como iniciativas dirixidas a persoas sen fogar, persoas con discapacidade e proxectos de apoio socioeducativo, integración social, promoción da muller, cultura e cooperación ao desenvolvemento, ademais doutras accións sociais.
En concreto, a recadación destes obradoiros destinarase ao seu programa de acompañamento, unha iniciativa que xorde para dar resposta ás situacións de soidade e vulnerabilidade que viven moitas persoas maiores. Non se trata unicamente de compartir unhas horas, senón de ofrecer un apoio continuado que axude a previr as consecuencias que a soidade pode xerar co paso do tempo, como o illamento, a depresión, a baixa autoestima ou a falta de control na toma da medicación.
Desde Asdegal traballan tamén por promover un envellecemento digno e por ofrecer apoio ás familias de persoas maiores con dependencia, reforzando así unha rede de coidado e acompañamento esencial para o benestar deste colectivo.
Para participar nos obradoiros é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico a
huevos@demillo.es ou contactando a través do 672 196 737.
Huevos Demillo, tradición galega
Huevos Demillo naceu en 2016 co obxectivo de recuperar o ovo tradicional de Galicia, procedente de galiñas alimentadas a base de millo, e poñer en valor o sabor e a calidade dos ovos da casa. A través de iniciativas como estes obradoiros, seguimos apostando pola tradición, a vida en comunidade e o coidado das persoas maiores, especialmente en datas tan significativas como o Nadal.