Huevos de gallinas alimentadas a base de maíz
Monstros de Samaín con caixas de ovos

Monstros de Samaín con caixas de ovos

Chega a noite de Samaín e aos pequenos da casa encántalles celebrar esta festa con tanta tradición. Traémosvos unhas ideas de manualidades terroríficas para que pasedes un intre divertido con eles. Ademais, podedes aproveitar para reciclar esas caixas de ovos baleiras que se van acumulando. A pasalo ben con estas actividades!

Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro as portas entre o noso mundo e o dos mortos dilúense e os seres sobrenaturais visítannos. Moitos a coñecen como a noite de Halloween, pero a súa orixe está na mitoloxía celta e no Samhain. Unha festividade moi antiga que os irlandeses levaron a Estados Unidos e que celebraba o final do verán e das colleitas, marcando o inicio do novo ano celta.

Samaín ou Halloween, a celebración desta festa ten cada vez máis adeptos… e que mellor que celebralo cos pequenos da casa e con estas divertidas manualidades para facer monstros de samaín.

Cadros de pantasmas

Para a decoración da casa nestes días propoñémosvos estes “Cadros con pantasmas”, unha opción divertida e que quedará xenial. Só necesitamos unha caixa de ovos, cartolinas de cores, pegamento e rotuladores. Na nosa canle de Instagram podedes ver un vídeo cos pasos a seguir para que vos quede perfecta.

fantasmas-con-hueveras

Monstros

Outra opción son estes “monstros” con caixas de ovos de cartón. Levaravos algo máis de tempo realizala, pero asegurámosvos que o resultado valerá a pena. Nesta páxina ensínanvos a facer unha gran variedade de figuritas.

Bruxitas

E non podían faltar as bruxas, as nosas “meigas”… porque habelas, hailas.  É unha das manualidades máis divertidas e orixinais que podemos facer este Samaín. O resultado queda espectacular e, se as colocades de adorno na porta, ninguén se atreverá a pedir Truco ou Trato na vosa casa! Neste vídeo tedes moi ben explicados os pasos para seguir.

E mentres gozades cos vosos pequenos facendo as manualidades, aproveitade a oportunidade para contarlles un pouco sobre a tradición de Samaín e a súa orixe celta.

E para darlle sabor a esta tarde de actividades de Samaín cos peques, deixámosvos unhas receitas terroríficas para gozar todos xuntos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.