Huevos de gallinas alimentadas a base de maíz

Cómo levar a tortilla á praia: 7 claves laves para que aguante perfecta ata a area

Poucos plans de verán hai tan nosos como unha tortilla de pataca na area, cos pés fresquitos e boa compañía. Para que chegue no seu punto e a desfrutes ao máximo, só fai falta seguir uns pequenos trucos: toma nota destas 7 claves e prepárate para un picnic perfecto.

1. Faina o mesmo día

Acórdaste cando de pequeno te espertabas co ruído da túa nai na cociña e ese cheiro a tortilla que auguraba día de praia? Pois si, é que as nais o saben: a tortilla para a praia hai que facela o mesmo día. Isto reduce o tempo de exposición ás altas temperaturas e frea o crecemento de bacterias. Menos tempo de espera, menos risco.

2. Sin cebola

Aínda que nos encanta a tortilla con cebola, para levar á praia é mellor optar pola versión clásica sen. Por que? Porque a tortilla achega humidade e fermenta. E iso, unido coa calor do verán, acelera a descomposición e a proliferación de bacterias

3. Ben callada

Cociña a tortilla polos dous lados ata que non quede líquido nin ovo cru no centro. Que si, que a de Betanzos está boísima, pero non é boa amiga da calor. O ovo cru ou pouco feito é o vehículo ideal para a bacteria da Salmonela. Así que para ter o día de praia en paz, ben callada.

4. Fría e no túper

A clave é evitar a humidade, por iso, unha vez feita a tortilla, déixaa arrefriar. Se a gardas en quente, as gotas humedecerán a superficie, alterarán a textura e crearán unha zona morna dentro do recipiente que pode favorecer o crecemento de bacterias.

E unha vez fría, métea nun recipiente hermético como un túper. Así a illas do exterior e do resto de alimentos, evitando as contaminacións cruzadas, que se humedeza ou que colla area.

5. Sempre na nevera de praia

Lévaa nunha neveira portátil con acumuladores de frío. Como xa quedou claro, o ovo é un alimento delicado que non se leva ben coas altas temperaturas. Na neveira evitarás bacterias e frearás o risco de salmonelosis.

6. Á sombra

Unha vez na praia, a neveira sempre á sombra. A tortilla pide antuca. Así corres menos riscos de que se rompa a cadea de frío e póidase contaminar. Segundo advirte a OCU, a temperatura ambiente, a tortilla nunca debe estar máis de dúas horas.

7. Sácaa para comer

Nin un minuto antes. Para evitar riscos coa temperatura, o mellor truco é sacar a tortilla da neveira xusto cando vaias comela. Córtaa nese momento, reparte… e que non quede nin unha faragulla.

En resumen, a tortilla é unha desas comidas que saben mellor con area nos pés e sal na pel, un dos grandes clásicos do menú de praia. E con estes pequenos coidados tamén é dos máis doados de levar: recentemente feita, ben callada, fría e á sombra.

Así poderás desfrutar da túa tortilla feita con ovos Demillo sen ningún risco.

Así disfrutas de tu tortilla hecha con huevos Demillo.

5 receitas de tortilla para levar á praia

A clásica nunca falla, pero se queres innovar un pouco e buscas receitas de tortilla para compartir, aquí tes algunha suxerencia con ovos Demillo:

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.