Huevos de gallinas alimentadas a base de maíz
As mellores receitas para celebrar o Día da Torta de Chocolate

As mellores receitas para celebrar o Día da Torta de Chocolate

Poucas cousas gústannos tanto como as tortas de chocolate e por iso en Demillo traémosche 5 tortas que están… Para chuparse os dedos!

A torta de chocolate ten o poder de transformar calquera situación, dándolle un toque de dozura, Como non imos renderlle homenaxe a esta marabilla culinaria?

Hoxe traémosvos o noso top 5 de tortas de chocolate e contámosvos un pouco da súa historia e cuiriosidades. A gozar!

Brownie

O Brownie é unha das sobremesas máis populares en todo o mundo. Destaca pola súa agradable textura e o seu sabor intenso a chocolate.

Din que o Brownie nace dun fallo nun intento de preparar outro pastel… Bendito erro! Ademais, o Brownie é unha sobremesa moi versátil xa que pode ser simple ou levar noces, caramelo… Nós deixámosvos a nosa riquísima receita de Brownie de chocolate e pistachos.

Torta de cervexa negra

Tamén vos traemos unha idea de torta moi especial: a torta de cervexa negra. Caracterízase polo seu sabor inusual, que equilibra á perfección a dozura do chocolate e o sabor amargo da cervexa.

Unha curiosidade sobre esta torta é que o ácido da cervexa axuda a suavizar a textura da torta, facéndoa máis esponxosa.

Coulant de chocolate

Esta sobremesa é unha explosión de sabor, nunca mellor dito. Coñecido por ser como un volcán de chocolate, polo seu exterior esponxoso e o seu interior líquido. Esta sobremesa adóitase acopañar dunha bóla de xeado para facer contraste entre o Coulant quente e o xeado frío.

Como curiosidade, contámosvos que esta sobremesa necesita facerse con precisión xa que un minuto de más no forno e perde a textura líquida do seu interior.

Deixámosvos unha receita do marabilloso Coulant. Xa non tedes escusa para non probalo!

coulant-de-chocolate

Torta Sacher

Esta torta é unha das máis coñecidas na repostería mundial. Caracterízase pola combinación dos sabores e texturas do biscoito de chocolate, marmelada de albaricoque e unha capa de glaseado de chocolate.

Sabías que esta torta foi creada exclusivamente para o príncipe Wenzel von Matternich?

Deixámosche unha receita da Tarta Sacher para que conquistes a calquera con este clásico culinario

Torta da Avoa

A Torta da Avoa é unha sobremesa típica que a todos tráenos recordos da infancia, ás nosas avoas preparando esa base de galleta que tanto nos gusta…

Aínda que existen moitas versións desta receita, xamais perde o toque caseiro que a caracteriza.

Hoxe é un bo día para lembrar eses sabores do pasado así que aproveitamos para recomendarvos esta Trta da Avoa con natillas.

tarta-de-la-abuela

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.