Huevos de gallinas alimentadas a base de maíz
Ensaladas saudables: receitas doadas e con ovo para unha comida completa

Ensaladas saudables: receitas doadas e con ovo para unha comida completa

Chega o bo tempo e volven apetecer pratos máis frescos. E aínda que as ensaladas se asocian moitas veces con receitas de dieta ou como acompañamentos de alimentos máis contundentes, o certo é que poden ser unha opción equilibrada, nutritiva e moi saborosa por si mesmas. E o ovo ten moito que achegar: pode transformar unha simple ensalada nun prato moito máis apetecible e completo. Propoñémoste 7 receitas de ensaladas saudables con ovo para comer ben e non necesitar nada máis.

Neste post xa che falamos das ensaladas con ovo máis populares do mundo, pero hoxe facemos unha selección de receitas de ensaladas saudables coas que poderás facer unha comida completa, equilibrada e con moito sabor.

Ensalada de quinoa, ovo, queixo, aguacate e tomate

Arrincamos a nosa selección de ensaladas saudables cunha receita completa, equilibrada e chea de sabor. A quinoa, do mesmo xeito que o ovo, ten un alto contido en proteínas, e achega tamén aminoácidos esenciais. Ademais é apta para as dietas sen glute.

Ensaladas-saludables-quinoa-y-huevo

O aguacate engade graxas saudables e unha textura cremosa que combina moi ben coa frescura do tomate, rico en auga, vitaminas e antioxidantes. O toque de queixo feta ou fresco achega sabor e contraste.

A todo isto súmase o ovo, un súper alimento de alto valor nutricional que axuda a converter a ensalada nunha comida máis completa e nutritiva. E se ademais, é Demillo, o prato gaña en calidade, sabor e cor, coa súa característica xema alaranxada.

Ingredientes para 1 persoa:

  • 1 ovo Demillo á prancha
  • 150 gr. de quinoa cocida
  • 1/2 aguacate
  • 8 tomates cherry
  • 30 g de queixo fresco ou feta desmigado
  • 1 culler de aceite de oliva virxe extra
  • Perexil ou coandro
  • Sal e pementa

Ensalada Cobb, un clásico americano rico en texturas

Un prato emblemático do restaurante Hollywood Brown Derby, que se estima que creou o seu dono Robert Howard Cobb a finais dos anos 1930. Combina unha base vexetal fresca con ingredientes máis nutritivos e saciantes, como o ovo. O resultado é unha ensalada moi completa, deliciosa e rica en texturas

Ensaladas-saludables-Cobb


A leituga e o tomate achegan frescura, auga, fibra e vitaminas. O aguacate suma graxas saudables e unha textura cremosa que equilibra moi ben o prato. O polo e o ovo Demillo achegan proteína de calidade; e o toque de queixo azul e bacon engaden intensidade e contraste.

Ingredientes para 1 persoa:

  • 2 ovos Demillo cocidos
  • 100 gr. de polo cocido ou á prancha
  • 2 liscos de bacon á prancha
  • 50 gr. de queixo gorgonzola
  • 8 tomates cherry
  • 1/2 aguacate
  • 1/2 ceboliña
  • 100 gr. de leituga
  • 1 culler de mostaza
  • 1 cullerada de aceite de oliva
  • 1 culler pequena de vinagre o zumo de limón
  • Sal e pementa

Ensalada Nicoise, unha receita con sabor a Costa Azul

Dentro das nosas ensaladas saudables que serven como prato único non podía faltar este clásico con ovo, orixinario de Niza (Francia). Cunha combinación de produtos da horta e en conserva, o resultado é unha receita diferente, equilibrada cun sabor mariñeiro que namora.

Ensaladas-con-huevo

Unha base de verduras e hortalizas achega frescura, auga, fibra, vitaminas e antioxidantes. O ovo Demillo suma proteína de calidade e axuda a dar máis corpo ao prato, mentres que o atún e as anchoas engaden tamén proteína, alén das graxas saudables propias do peixe azul. O aderezo sinxelo acaba de unir todos os sabores sen complicar a receita.

Ingredientes para 1 persoa:

  • 1 ovo Demillo cocido
  • 1 lata pequena de atún ao natural
  • 4 anchoas
  • 6 aceitunas negras
  • 1 tomate
  • 1 puñado de xudías branqueadas en auga salgada durante 5 minutos
  • 50 gr. de cebola
  • 2 culleradas de aceite de oliva
  • 1 culler de vinagre de viño tinto
  • 1 dente de allo (opcional)
  • Sal
  • Pementa negra moída

Ensalada tépeda de lentellas e ovo poché

Se estás a buscar ensaladas saudables, saciantes e que escapen da clásica base de leituga, esta é a túa opción. Combina legume, ovo, vexetais e graxas saudables.


As lentellas amarelas cocíñanse máis rápido que as habituais, polo que son perfectas para preparacións rápidas como ensaladas. Ademais, achegan hidratos de carbono de absorción lenta, fibra e proteína vexetal, polo que axudan a crear un prato moi completo e equilibrado. O allo porro e as herbas frescas achegan frescura e aroma, mentres que as sementes engaden un toque crujiente e graxas saudables. O bacon, en pouca cantidade, funciona como un ingrediente de contraste sen sumar moitas calorías.

O ovo escalfado Demillo, pola súa banda, suma proteína de alto valor biolóxico e unha textura cremosa que fai que a receita resulte moito máis apetecible. Ao romper a xema, mestúrase coas lentellas e as herbas, creando un aderezo natural cheo de sabor.

Ingredientes para 1 persoa:

  • 2 ovos Demillo escalfados
  • 150 gr. de lentellas cocidas
  • 1 ou 2 liscos de bacon á prancha (opcional)
  • ½ porro pequeño
  • 1 cullerada de sementes de xirasol, cabaza ou mestura
  • Ceboliño fresco ao gusto
  • Unhas follas de herbas frescas: ourego, albáfega, perexil ou brotes tenros
  • 1 culler de aceite de oliva virgen extra
  • Sal
  • Pementa negra

Ensalada de arroz, ovo e salmón

Tépeda ou fría, esta ensalada é moi equilibrada e versátil, perfecta para tomar de prato único e levarcha ao traballo. Combina hidratos de carbono, proteínas de calidade, verduras e graxas saudables.

O arroz achega enerxía e axuda a que a ensalada sexa máis consistente. E se queres unha versión aínda máis saudable, podes usar arroz integral, que suma máis fibra. As verduras, como os chícharos, a cenoria ou a cabaciña, engaden cor, frescura, vitaminas e textura.

O salmón é unha fonte de proteína e graxas saudables, especialmente interesante pola súa achega de omega 3. Ademais, achega moito sabor sen necesidade de engadir salsas pesadas. O ovo Demillo, revolto ou en tortilla, completa a receita con proteína de alto valor biolóxico e unha textura que combina moi ben co arroz e o peixe.

Ingredientes para 1 persoa:

  • 2 ovos Demillo
  • 60 gr. de arroz (cru)
  • 1 lombo de salmón fresco (150 gr.)
  • 2 culleradas de chícharos
  • ½ cenoira pequena
  • ¼ de pemento vermello e/ou amarelo
  • 1 cullerada de aceite de oliva
  • Vinagre
  • Sal e pementa

Ensalada de pasta, cogomelos e ovo

Outra opción de ensaladas saudables que podes elixir tomar fría, se a preparas con antelación, ou tépeda. E tamén a podes adaptar coas verduras que teñamos en casa, porque é unha receita práctica que acepta todo.

Ensaladas-saludables-pasta

A pasta achega enerxía, as verduras suman frescura, fibra e cor, e o ovo Demillo cocido completa o prato con proteína de calidade.

Para facela máis saudable, podes usar pasta integral ou pasta de legumes, moderar a cantidade de pasta e aumentar a proporción de verduras. O tomate cherry, a cabaciña, o pemento, a cenoria, o allo porro e os cogomelos achegan vitaminas, minerais e diferentes texturas, que fan esta ensalada unha explosión de sabores diferentes.

Ingredientes para 1 persoa

  • 1 ovo Demillo cocido
  • 60 gr. de pasta en cru
  • 5-6 tomates cherry
  • ¼ de cabaciño
  • ¼ de pemento amarelo ou vermello
  • ½ zanahoria pequeña
  • Un trocito de cebolleta
  • 100 gr. de setas a la plancha (o en conserva)
  • 1 cucharada de aceite de oliva virgen extra
  • Vinagre suave
  • Sal al gusto
  • Pimienta negra recién molida
  • Hierbas frescas al gusto: perejil, albahaca, cebollino u orégano

Ensaladilla de polbo

E non podiamos pechar a nosa selección de ensaladas saudables e completas, sen unha opción moi galega e moi nosas: esta ensaladilla de polbo de La Cocina de Frabisa.

Se queres unha versión máis lixeira, limita a cantidade de maionesa e cámbiaa por unha versión máis lixeira, como esta de ovo cocido.

O polbo, alén dun toque de sabor único e unha textura firme, achega proteína e converte a ensalada rusa nun prato especial. A pataca cocida, en cantidade moderada, suma hidratos de carbono e axuda a dar corpo á receita, mentres que as verduras —como cenoria, chícharos, pepinillo, cebola morada ou pemento— engaden fibra, frescura, cor e contraste.

O ovo Demillo completa a receita con proteína de calidade e unha xema saborosa que encaixa moi ben co polbo e o pemento.

Ingredientes para 1 persoa

  • 1 ovo Demillo cocido
  • 120 g de polbo cocido
  • 1 pataca pequena cocida
  • ½ cenoria cocida
  • sal
  • Aceite de oliva virxe extra.
  • pementón doce
  • 1-2 culler de maionesa de ovo cocido

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.