Huevos de gallinas alimentadas a base de maíz

Feliz Día de Galicia. Un menú completo para celebrar o 25 de xullo con Demillo

O 25 de xullo Galicia está de festa e, como en todas as nosas celebracións, a mesa é a protagonista. É día de xuntanza, de sobremesa longa e desas receitas que saben ao de sempre. E na cociña galega hai un ingrediente que nunca falta: o ovo.

De entrante: empanadillas

Nada como abrir boca cun entrante con alma galega.

A nosa aposta son estas empanadillas de ovo, tenreira galega e pasas. En Galicia somos moito de empanada, pero as súas irmás pequenas tamén nos encantan para as comidas ao aire libre: sen coitelo nin pratos. Esa mestura de doce e salgado engancha, avisamos.

Empanadillas

De principal: pementos recheos de tortilla ou tortilla de pementós de Padrón

Pasemos agora ao prato estrela. E nós, por suposto, eliximos un no que o ovo é protagonista.

Desde a opción máis clásica e galega: tortilla de patacas e pementos de Padrón, ata a súa versión ao revés: pementos recheos de tortilla de pataca. Un prato orixinal, irresistible e perfecto para levar de romaría.

E se comes na casa, tamén podes optar por outro clásico da avoa: os ovos encapotados, unha receita que transforma un sinxelo ovo frito nun bocado irresistible. Iso si, asegúrate de reservar tempo para preparalos, xa que requiren certa destreza e un bo período de repouso na neveira.

De sobremesa: tarta da avoa ou bica


Para rematar, un variado de sobremesas clásicas e con moito sabor galego.

A torta da avoa con crema pasteleira é unha desas receitas que nos transportan directamente á infancia: capas de galleta, chocolate e crema pasteleira caseira elaborada con ovos de calidade. Un acerto seguro.

Tarta-de-la-abuela

Tampouco fallarás cunha bica de nata, típica da zona de ourense e perfecta para tomar co café na sobremesa.

E se buscas unha sobremesa orixinal para levar de romaría, propoñémosche esta versión reinterpretada do clásico dos clásicos nas mesas galegas: empanadillas de queixo galego con marmelo.

Empanadillas

E se queres máis ideas para cociñar con ovo durante todo o ano, pásate polo noso receitario e séguenos en Instagram e Facebook para non perderte ningunha.

Así é o ovo tradicional galego

Como en case todas as culturas culinarias do mundo, o ovo sempre foi unha parte moi importante da gastronomía galega tradicional. Está nas sobremesas máis clásicas da avoa, nas tortillas que se levan ás festas populares, no ovo frito que nos resolve calquera comida.

E o ovo galego clásico, o de casa da avoa, é o de galiñas alimentadas con millo. Esta foi a alimentación tradicional das aves nas aldeas galegas, e é unha tradición que a marca Demillo continua.

Por iso, nun menú que busca captar o auténtico sabor de Galicia, o ovo Demillo non é só un ingrediente máis.

Feliz Día de Galicia!

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.