Huevos de gallinas alimentadas a base de maíz
De viaxe polos 5 continentes: receitas internacionais con ovo

De viaxe polos 5 continentes: receitas internacionais con ovo

¿Coñeces algún lugar do mundo onde non se coman ovos? Non fai falta que penses moito a resposta… seguro que non. Non é só un dos alimentos máis completos e versátiles que existen, tamén é universal e non entende de fronteiras. E para mostra, 5 receitas internacionais con ovo que demostran que triunfa nos 5 continentes

Europa: Pasta Carbonara… ou ovos escoceses

Aínda que sabemos que a nosa tortilla de patacas (en todas as súas versións) é a raíña europea das receitas con ovo, esta vez imos cederlle o protagonismo a outro clásico: a pasta carbonara. Aínda que en España é moi habitual usar nata para facela, a receita orixinal italiana (é dicir, a auténtica carbonara) faise exclusivamente con ovo, bacon e queixo. Aquí tedes un tutorial de Poesía de Fogón.

Receitas-internacionais-con-ovo-Demillo

E outro clásico do continente son os ovos escoceses que, a pesar do que suxire o seu nome, parece que non son orixinarios de Escocia. Hai varias teorías sobre a súa orixe: unha di que foi unha adaptación inglesa das Kofta da India, outra que foi un invento duns luxosos almacéns londinienses como petisco para as clases altas.

Sexa como for, este ovo duro recuberto de carne de porco e rebozado é hoxe en día unha das comidas inglesas con máis éxito. Pódese atopar tanto nun picnic como no menú gourmet de moitos restaurantes.

Asia: Ovos Garam Masala e Bibimbap

Chegamos a Asia e á marabillosa cociña india. Calquera que visitase este país sabe que alí nada é insípido. A súa cociña caracterízase pola mestura de especias e unha das máis coñecidas é o Garam Masala.

Esta mestura é orixinaria do norte da India e contén normalmente noz moscada, coandro, comiño, canela, cravo, cardamomo e pementa negra, aínda que non hai unha receita única. E utilízase para condimentar carnes, peixes, verduras… e tamén ovos.

Os ovos Garam Masala son ovos cocidos acompañados desta icónica mestura. Aquí tes unha receita… próbaa porque non che deixará indiferente.

Receitas-internacionais-con-ovo-Demillo

E seguimos de viaxe por Asia para chegar a Corea e a un dos seus pratos máis populares: o Bibimbap. En coreano significa “arroz mesturado” e elabórase a base de arroz (evidente), verduras, carne, ovo e unha salsa lixeiramente picante. Para comelo, os coreanos recomendan romper o ovo e mesturar ben todos os ingredientes.

Se queres facer este delicioso (e sinxelo) prato, podes seguir a receita de Directo ao Padal ou a de Comedera.

Receitas-internacionais-Demillo

África: Shakshuka

A nosa seguinte parada nesta ruta de receitas internacionais con ovo: África. Concretamente, os países do norte do continente. A Shakshuka é unha receita tradicional da gastronomía árabe, semella que de orixe magrebí e moi popular en Marrocos, Exipto, Libia ou Alxeria.

¿E en que consiste? Pois basicamente son uns ovos con tomate… pero na gastronomía árabe, tampouco nada é tan simple. Normalmente, cociñanse en tajine (ou no seu defecto, nunha tixola de ferro) e son ovos escalfados cunha salsa que mestura tomate, cebola, guindilla e á que tamén se adoitan engadir verduras e hortalizas como o cabaciño, o pemento ou a berenxena. El Comidista déixanos a súa receita.

Receitas-internacionais-con-ovo-Demillo

América: Tamal Colombiano

A gastronomía de América é tan grande e diversa como o continente, pero nós imos facer parada en Colombia para coñecer uns dos seus tamais. ¿E por que? Porque levar os nosos dous ingredientes preferidos: ovos e millo.

Os tamais son típicos en moitos países de América Latina e hai moitas receitas e formas de elaboralos. Os que nós escollemos elabóranse con ovo, arroz, carne de porco, cenoria e pataca envolta en masa de fariña de millo e follas de plátano ou de mazaroca de millo.

Receitas-tamal

Oceanía: Pavlova Cake

Conta a lenda que o cociñeiro do hotel onde se hospedaba a bailarina Anna Pávlova nas súas xiras por Australia inventou esta sobremesa na súa honra. Hoxe en día é unha das tortas máis representativas de Australia e Nova Celandia… e o ovo é o gran protagonista.

É unha desas comidas que se comen cos ollos e coa boca, porque ademais de ser deliciosa, o seu aspecto é irresistible. Un merengue con nata e coroado con froitos vermellos… unha delicia por igual para a vista e para o padal. Crocante por fóra e cremoso por dentro. Aquí unha receita de María Lunarillos.

Receitas-internacionais-Demillo

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.