Como conseguir que os alimentos sobrevivan a un apagón
O pasado luns sufrimos un apagón que non sabiamos canto tempo se ía prolongar. En situacións coma esta, moitos alimentos corren o risco de estragarse se non se manteñen á temperatura axeitada. Por iso, hoxe traémosche algúns trucos prácticos para axudarche a conservar os teus alimentos en caso doutro posible apagón.
Se o apagón dura menos de 4 horas: non abras a neveira. A temperatura interna mantense fría durante 4 horas se non abres a porta.
Ovos
Se o apagón se prolonga:
- Mete a ovideira nunha neveira portátil con xeo ou xeles refrixerantes
- Envolve a ovideira en toallas grosas. Isto funciona como illante térmico e atrasa o aumento da temperatura
- Leva os ovos ao lugar máis fresco da casa (despensa, soto, chan de baldosa fría)
- Se o apagón vai durar moito, frota cada ovo con aceite vexetal. Isto sela os poros da casca e atrasa a entrada de aire e bacterias.
- Tamén podes enterrar os ovos en sal ou arroz cru. Isto crea un microambiente seco e fresco que atrasa a descomposición.
Despois do apagón, ¿como saber se aínda están bos? Fai a proba da auga.
Somérxeos en auga:
- Afúndese = bo
- Ponse de pé = vello, pero aínda comestible (úsao cocido)
- Flota = malo (tírao)

Carnes e peixes
- Se a carne ou o peixe estaban no conxelador e o mantés pechado, poden conservarse ata 48 horas
- Conservación en sal.
- Carne: corta a carne en anacos medianos e colócaa en capas nun recipiente, cubríndoa completamente con sal groseira.
Gárdaa nun lugar escuro, seco e ventilado
Drena o líquido que solta a carne cada 24 horas
- Peixe:
Limpia o peixe
Colócao entre capas de sal groseira
Antes de cociñalo, sécao moi ben
Antes de consumilo, comproba os sinais para ver se se estragou: mal cheiro, cor gris verdosa ou textura viscosa.

Verduras
- Gárdaas nun lugar ventilado, escuro e seco
- Envolve as follas verdes (leituga, espinacas, acelgas…). Lávaas, sécaas e envolvédeas en panos de cociña húmidos e gárdaas nun recipiente con tapa, afastadas do sol.
- As verduras como a cenoria, o cabaciño ou o tomate, podes encurtilas (nun frasco de vidro con vinagre, auga e sal) ou deshidratadas ao sol e gardadas en frascos pechados.
Antes de consumilas, comproba que non teñan cheiro agrio, textura moi branda ou mofo.

Con estes trucos conseguirás conservar durante máis tempo os alimentos sen electricidade e reducir o desperdicio. ¿Resultáronche útiles?