Huevos de gallinas alimentadas a base de maíz

Ceas rápidas e saudables con ovo: fáciles, deliciosas e listas en menos de 30 minutos

Buscas ideas para cear de forma saudable sen pasar horas na cociña?

Estas receitas rápidas con ovos Demillo sacarante de máis dun apuro. Cheas de sabor, proteína e cor, son perfectas para eses días nos que o tempo aperta pero non queres renunciar a comer ben.

O ovo é un deses ingredientes que nunca fallan: versátil, nutritivo e sempre a man. Dende un revolto ata unha frittata, permítelle a calquera preparar ceas equilibradas en poucos minutos e con moi pouco esforzo. Nesta recompilación atoparás seis receitas sinxelas e saudables, pensadas para gozar entre semana sen complicacións.

Revolto de langostinos e allos tenros (15 minutos)

ceas-lixeiras-e-saudables-Demillo

Unha receita tan sinxela como resultona. Os langostinos e os allos tenros combínanse á perfección coa suavidade do ovo batido, creando un prato cheo de sabor e baixo en graxas. Ideal para unha cea lixeira que se prepara en só 15 minutos. Déixámosche a receita completa aquí para que probes a facela na casa.

Ovos recheos de guacamole (20 minutos)

ovos-recheos-guacamole

Un clásico reinventado cun toque divertido. Estes ovos recheos con guacamole son a proba de que comer san tamén pode ser orixinal e apetecible. Unha receita rápida, colorida e con ingredientes naturais. Descubre como preparalos nesta receita paso a paso.

Rolo de cabaciña (30 minutos)

Rolo-de-cabaciña

Se che apetece algo máis elaborado, este rolo de cabaciña é unha opción lixeira e deliciosa. Cunha base de ovo e cabaciña, podes rechealo con queixo fresco, atún ou verduras. Prepárase ao forno e queda moi zuxoso e cheo de cor. Aprende a facelo facilmente seguindo esta receita.

Ovos flor con gulas e langostinos (30 minutos)

Ovo-flor

Unha receita que parece de restaurante, pero faise na casa en media hora. Os ovos flor son perfectos para acompañar con gulas e langostinos, creando unha cea especial, rica en proteínas e baixa en carbohidratos. Podes preparalos seguindo esta receita de Demillo e gozar dun prato cheo de sabor.

Frittata de brécol e espárragos (30 minutos)

Frittata-Demillo

Inspirada na cociña italiana, a frittata é a alternativa perfecta á tortilla de sempre. Esta versión con brécol e espárragos está chea de fibra, vitaminas e sabor. Ideal para aproveitar as verduras que teñas pola casa. Explicámosche como preparala paso a paso nesta receita.

Muffins de verduras (30 minutos)

Muffins-de-ovo-e-verduras

Unha receita fácil e moi versátil. Estes muffins salgados de ovo e verduras son perfectos para preparar con antelación, levar no tupper ou gozar acabados de facer. Pequeniños, esponxosos e cheos de cor, son unha forma orixinal de cear lixeiro e saudable. Podes ver como facelos aquí.

Estas ceas rápidas con ovo son a proba de que comer ben non ten por que ser complicado. Con ingredientes sinxelos e naturais, podes preparar pratos equilibrados en menos de media hora. Descubre máis receitas saudables con ovos Demillo e converte as túas ceas entre semana nun momento para gozar sen présas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.