fbpx
Huevos de gallinas alimentadas a base de maíz
As claves para unha alimentación saudable na volta ao cole

As claves para unha alimentación saudable na volta ao cole

No verán os horarios cambian, hai festas, viaxes… que fan que non coidemos tanto a nosa alimentación. A volta ao cole é un momento clave para que os peques da casa recuperen os hábitos dunha alimentación saudable. Hoxe deixámosvos unhas claves para que volvan á rutina cargados de enerxía.

É moi importante que os nenos teñan unha alimentación equilibrada e nutritiva para que poidan manter a enerxía e a concentración durante o horario escolar. Ademais, unha boa alimentación favorece ao crecemento e desenvolvemento dos máis pequenos.

Xa vos contamos que o ovo é un gran aliado para o crecemento dos máis pequenos e que debería ser parte fundamental da súa dieta, polos seus grandes beneficios. Pero hoxe deixámosvos outros consellos para unha alimentación saudable na volta ao cole.

Realizar cinco comidas ao día

É importante que os nenos realicen as cinco comidas do día. Isto axudaralles a mantenerse activos e a obter os nutrientes necesarios para o seu desenvolvemento.

É importante que se levanten con tempo para almorzar con calma. É o momento de romper o xaxún e cargarse de enerxía para empezar o día.

Os ovos son grandes aliados á hora do almorzo, son unha gran fonte de nutrientes, son saciantes e achegan vitamina D. Ademais, se os acompañas de zume e algo de fibra terás un almorzo moi completo.

Algunhas ideas para o almorzo: Flores de tortitas caseiras y froitas; un biscoito de manzá ou unhas madalenas caseiras de limón.

Recetas-para-niños

O tentempié á hora do recreo, a media mañá, tamén é moi importante nunha alimentación saudable na volta ao cole. Axuda aos nenos para aguantar sen fame ata a hora para comer e manter os niveis de enerxía. Por iso, acórdache de meterlles sempre algo na mochila ao saír de casa: unha peza de froita, un sandwich, unha empanadilla como estas ou algo doce como estas galletas de avea, chocolate y arandos.

galletas-de-avena

E chega a hora da comida! Despois de toda a mañá no colexio, o xantar é o momento de achegar os nutrientes máis importantes do día: proteínas, carbohidratos e graxas saudables.

Estas son algunhas receitas perfectas con ovos Demillo para a hora da comida: xudías con xamón e ovo cocido; muffins de ovo, xamón cocido e verduras; unha ensalada de ovos cogomelo ou unha ensalada de pasta, ovo cocido e palitos de cangrexo.

cenas-ligeras-y-saludables-Demillo

A media tarde, por suposto, tampouco pode faltar unha boa merenda ao chegar de clase ou antes de irse ao parque ou ás súas actividades extraescolares. Hai que recuperar forzas despois de todo un día de cole. Neste post, deixámosche algunhas merendas moi saudables para a volta ao cole. Recomendámosvos estes riquísimos wraps de ovo cocido e espinacas.

E para acabar o día, despois de toda unha xornada de clases, xogos e actividades, unha cea cargada de nutrientes axudaralles a repoñerse e a ter un bo descanso pola noite. Deixámosche algunhas receitas ideais para unha cea completa: Pitiño de tortilla francesa con salchicha e cogombro; nuggets de atún ou revolto de ovos Demillo e millo doce. pollito-de-tortilla-francesa

Alimentos que non poden faltar na dieta dos peques

Para garantir unha alimentación saudable na volta ao cole, hai varios alimentos que non deberían faltar na dieta dos peques. Contámosche cales son.

As froitas son unha gran fonte de vitaminas, minerais e fibra. Ademais, achega auga e azucre natural. Polo que se recomentda que consuman unha media de 2 ou 3 pezas ao día.

Tamén son fundamentais as verduras, que achegan moitas vitaminas, minerais e fibras. Son moi boas a idades temperás porque axudan ao crecemento óseo e melloran a visión.

Os legumes achegan unha gran cantidade de nutrientes: proteínas, vitaminas, hidratos de carbono e minerais. Son moi importantes porque achegan proteína vexetal, axudan ao crecemento e favorecen á reparación de tecidos.

O leite e a lactosa é fundamental para o desenvolvemento dos ósos dos nenos. Ademais, achega proteínas e vitaminas. Deberíanse consumir 3 ou 4 ración de lácteos ao día.

A carne achega moita proteína á dieta dos pequenos, así como, ferro e vitamina B12. Axuda ao desenvolvemento dos músculos e reforza o sistema inmunolóxico. E o peixe achega vitamina D, proteínas e Omega 3. É esencial para o funcionamiento do organismo e desenvolvemento cerebral.

E por suposto, os ovos. Son un alimento importantísimo na saúde nutricional dos pequenos. É unha das grandes fontes de proteínas, vitaminas e minerais. Unha opción que nunca falla para  incluír nas comidas son os ovos Demillo. Aquí tedes unha gran variedade de receitas con ovo para gozar cada semana.

Huevos-demilloCon estas claves os vosos nenos están máis que preparados para afrontar a volta á rutina da mellor maneira!

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.