Huevos de gallinas alimentadas a base de maíz
8 receitas con verduras de tempada en abril

8 receitas con verduras de tempada en abril

Chega abril, a primavera, e o mellor momento para tomar verduras e hortalizas como a acelga, o espárrago, o ápio, as cenorias, as espinacas ou os tirabeques.

Neste post contámosche algúns dos seus beneficios e propoñémosche varias receitas con verduras de tempada en abril, doados de preparar e pensadas para sacar o máximo partido aos produtos frescos, combinando sabor, sinxeleza e cociña de sempre. Apúntaste á cociña de tempada?


Acelgas: máis tenras e suaves

É unha das principais verduras de tempada en abril. Aínda que podes comer acelgas durante boa parte do ano, é en agora cando se atopan no seu punto óptimo: a súa textura é máis tenra, o seu sabor máis suave e a súa frescura perfecta.

Beneficios das acelgas

Teñen un alto valor nutricional porque son ricas en fibra e achegan unha boa cantidade de vitaminas A, C e K, esenciais para o sistema inmunolóxico e a saúde da pel. Tamén conteñen minerais como o ferro, o magnesio e o potasio, que axudan ao bo funcionamento do organismo. E ademais, teñen un baixo contido calórico. Ideais para unha cociña lixeira, pero con sabor.

Tortilla de acelgas e tomates cherry

Recetas-verduras-de-temporada-en-abril

Ingredientes:

  • 4 ovos Demillo
  • 1 feixe de acelgas frescas
  • 100 gr. de tomates cherry
  • 1 dente de allo
  • 1/2 cebola
  • Aceite de oliva
  • Sal

Elaboración

  1. Lava as acelgas e cóceas uns minutos ata que estean tenras.
  2. Escórreas moi ben para eliminar o exceso de auga.
  3. Nunha tixola, sofrite o allo e a cebola picados cun pouco de aceite de oliva.
  4. Engade as acelgas e saltea todo xunto durante uns minutos.
  5. Bate os ovos nun bol, engade as acelgas e mestura ben.
  6. Verte a mestura na tixola e coloca encima os tomates cherry cortados.
  7. Cociña a tortilla ao punto que prefiras.

Apio: no mellor momento

Outro dos alimentos que podes atopar todo o ano no mercado pero que é agora en abril cando está no seu mellor momento. Cunha mellor textura, un sabor máis equilibrado, menos fibroso e máis agradable.

Beneficios do apio

É coñecido polo seu alto contido en auga, moi hidratante e lixeiro. Isto, unido a que é baixo en calorías e rico en fibra, axuda a mellorar a dixestión e a manter unha sensación de saciedade. Ademais, achega potasio, e vitaminas como a C e a K; e ten propiedades antioxidantes.

Receita: Ensaladilla de apio

Recetas-verduras-de-temporada-en-abril-apio

Ingredientes

  • 3 ovos Demillo
  • 2 ramas de apio
  • 2 patacas medianas
  • 1/2 cebola
  • Maionesa caseira
  • Mostaza
  • Sal
  • Pementón doce

Elaboración

  1. Coce as patacas ata que estean tenras.
  2. Deixa arrefriar e curta en dados pequenos.
  3. Coce os ovos durante uns 10 minutos, pélaos e pícaos.
  4. Lava ben o apio e córtao en anacos pequenos, eliminando os fíos máis duros se é necesario.
  5. Pica tamén a cebola
  6. Mestura todos os ingredientes nun bol, engade sal.
  7. Incorpora a maionesa e a mostaza e mestura ben.

Espárragos trigueros: máis intensos e menos fibrosos

Abril é o mes por excelencia dos espárragos trigueros. É cando están no seu mellor momento para o consumo, cun sabor máis intenso e unha textura máis tenra, menos fibrosos que o resto do ano.

Beneficios dos espárragos

Os espárragos son unha verdura lixeira e moi nutritiva, con alto contido en auga e fibra. Son ricos en vitaminas como a A, C, E e K, e achegan tamén ácido fólico, fundamental para o organismo.

Ademais, teñen propiedades depurativas e diuréticas, o que os converte nunha opción perfecta para esta época do ano, cando tendemos a buscar pratos máis lixeiros.

Receita: Pastel de espárragos e langostinos

Pastel-de-langostinos

Ingredientes

  • 4 ovos Demillo
  • 400 gr espárragos trigueros cocidos
  • 6 lagostinos
  • 2 culleres de salsa de tomate
  • 3 culleres de nata líquida
  • Sal y pimiento

Elaboración: síguea aquí paso a paso.


Coliflor: último mes de tempada

Abril é o último mes da tempada principal da coliflor, así que aproveita para facer unhas últimas receitas con esta hortaliza tan nutritiva. Aínda podes atopala en bo momento, cunha textura firme e un sabor suave que se adapta facilmente a receitas lixeiras e de tempada.

Beneficios da coliflor

A coliflor é unha verdura lixeira, versátil e cun alto contido en auga e fibra, o que a converte nunha opción ideal para pratos máis suaves e dixestivos nesta época do ano. É rica en vitamina C e en compostos antioxidantes que axudan a protexer o organismo, alén de favorecer a dixestión e achegar sensación de saciedade. Para os días fríos que aínda nos pode regalar abril, podes preparala en crema con esta deliciosa receita do noso receitario, facer un pan de coliflor como o que nos propón La Cocina de Frabisa ou optar por outras opcións máis de entretiempo.

Receita: Coliflor rebozada

Recetas-verduras-de-temporada-en-abril-coliflor

Ingredientes

  • 2 ovos Demillo
  • 1 coliflor mediana
  • 3 culleres de fariña
  • Sal
  • Aceite

Elaboración:

  1. Lava e tora a coliflor, cortando as flores.
  2. Cócea cun chisco de sal uns 10 minutos.
  3. Bate os ovos Demillo e engade a fariña ata formar unha masa cremosa
  4. Reboza a coliflor cocida na masa
  5. Frite en abundante aceite
  6. Tómaa acompañada dalgunha salsa. Aquí che deixamos ideas.

Espinacas: perfectas para ensaladas

Aínda que son unha da verduras reinas do inverno, a tempada de espinacas dura ata maio. Abril é un mes perfecto para o seu consumo e para empezar a incluílas nas nosas ensaladas e pratos máis lixeiros, como os revoltos ou os salteados. Aínda están tenras e no seu bo momento.

Beneficios das espinacas

Do mesmo xeito que o ovo, as espinacas son un superalimento: nutritivas, antioxidantes e moi baixas en calorías. Son ricas en en vitaminas A, C, K, ferro, fibra e ácido fólico. E entre os seus principais beneficios: mellorar a saúde cardiovascular, fortalecer o sistema inmunolóxico, protexer a vista, promover a saúde ósea e mellorar a dixestión. Combínaas con ovo, e terás un dúo inmellorable para a túa saúde.

Receita: Ensalada de espinacas e ovos cogumelo

cenas-ligeras-y-saludables-Demillo

Ingredientes

  • 3 ovos Demillo
  • 3 tomates pequenos
  • Brotes de espinaca
  • Noces
  • Queixo fresco galego
  • Frambuesas
  • Aceite
  • Vinagre de módena
  • Sal
  • Maionesa

Elaboración:

  1. Coce os ovos Demillo, déixaos arrefriar e pélaos
  2. Coloca as espinacas nunha fonte ou prato
  3. Pon encima o queixo cortado en dados, as noces toradas e as frambuesas. Adereza.
  4. Curta un pouco a base dos ovos para colocalos sobre a ensalada en vertical.
  5. Curta os tomates á metade e colócaos sobre o ovo coma se fose un chapeu
  6. Adorna con puntiños de maionesa

Tirabeques: os reis da primavera

Son os reis da primavera, unha verdura de curta duración, que ten o seu momento óptimo de consumo nos meses de marzo e abril. É agora cando están máis tenros, cun puntiño crujiente e ese sabor lixeiramente doce que os fai tan especiais.

Beneficios dos tirabeques

Este delicioso legume é unha boa axuda a para o noso sistema inmunitario, xa que achegan vitaminas dos grupos B e C. Tamén achega vitamina A, esencial para a saúde visual e a rexeneración dos tecidos. Igualmente ten acción antioxidante, capacidade para regular os niveis de colesterol e glicosa, achegue fibra que favorece o tránsito intestinal, e minerais, como o calcio e o fósforo, que contribúen ao bo estado dos ósos. Todo iso cun baixo contido calórico.

Receita: Tirabeques á galega

Ingredientes

  • 2 ovos Demillo
  • 250 gr tirabeques
  • 2 patacas
  • Allo
  • Pementón doce
  • Aceite de oliva

Elaboración:

  1. Coce os ovos e reserva
  2. Limpa os tirabeques e reserva
  3. Pela e curta as patacas.
  4. Cóceas en auga con sal
  5. Cando queden uns 8 minutos para acabar de cocer as patacas, engade os tirabeques
  6. Nunha tixola, quenta o aceite e engade os allos lamelados
  7. Cando estean dourados, retira do lume e engade unha cullerada de pemento doce.
  8. Coloca os tirabequees, as patacas e os ovos nun prato Verte a ajada encima

Alcachofas: no seu pico de esplendor

Dentro das verduras de tempada de abril merécese un lugar destacado a alcachofa. A tempada de primavera deste alimento dura de marzo a xuño, pero é en abril e maio cando están no seu pico de esplendor.

Beneficios das alcachofas

Son coñecidas polas súas propiedades depurativas e dixestivas, así como polos seus beneficios sobre a saúde hepática e a regulación do colesterol.

O seu alto contido en fibra favorece o tránsito intestinal e axuda a manter unha boa saúde dixestiva. Ademais, achegan vitaminas como a C e do grupo B, que contribúen ao correcto funcionamento do organismo, e conteñen antioxidantes que axudan a protexer as células. Igualmente, favorecen a produción de bilis,  que facilita a dixestión de graxas e depura o fígado.

Receita: Quiche de alcachofas e queixo

Recetas-verduras-de-temporada-abril-alcachofas

Ingredientes

  • 3 ovos Demillo
  • 7 alcachofas
  • 200 gr. queixo de cabra
  • Unha lámina de masa crebada
  • 200ml de nata para cociñar
  • Queixo relado

Elaboración:

  1. Coce as alcachofas e reserva
  2. Bate os ovos e mestura coa nata, o queixo de cabra desmenuzado e un chisco de sal
  3. Estira a masa crebada nun molde.
  4. Coloca encima as alcachofas cortadas en anacos
  5. Verte por encima a mestura de ovo, nata e queixo
  6. Espolvorea co queixo relado
  7. Enforna a 180º uns 30 minutos, ata que a quiche estea dourada e a masa feita.

Cenorias: na súa mellor versión

Abril é tamén un momento óptimo para desfrutar das cenorias na súa mellor versión. Dentro das verduras de tempada en abril, destacan polo seu sabor doce e a súa textura crujiente, perfectas tanto en cru como en receitas máis elaboradas.

Beneficios das cenorias

Son especialmente coñecidas polo seu alto contido en betacarotenos, que o organismo transforma en vitamina A, esencial para a saúde da vista e o coidado da pel. Ademais, achegan fibra, o que favorece a dixestión, e conteñen antioxidantes que axudan a protexer o organismo. Tamén son unha boa fonte de vitaminas do grupo B e minerais, contribuíndo ao bo funcionamento xeral do corpo.

Receita: Torta de cenoria

postres-con-huevo

Ingredientes

  • 3 ovos Demillo
  • 40 g azucre branco
  • 5 tiras de pel de laranxa
  • 250 g cenoria (en anacos de 2 cm)
  • 120 g aceite de xirasol
  • 130 g fariña
  • 1 sobre de fermento
  • 1 chisco bicarbonato
  • 1 chisco noz moscada
  • 1 chisco de sal
  • 50 g chocolate branco
  • 30 g manteiga
  • 300 g queixo crema
  • 30 g azucre glas
  • 20 g zume de laranxa

Elaboración: Síguea paso a paso nesta receita

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.