5 receitas de verán para non despedirnos aínda do bo tempo
Setembro está á volta da esquina e empezan de novo as rutinas. Pero se es dos que se nega a dicir adeus ao bo tempo e queres alongar as sensacións estivais, deixámosche 5 receitas de verán que che axudarán a facelo na mesa. Son fáciles, perfectas para levar de picnic, refrescantes e ademais riquísimas.
Propoñémosche 5 das nosas mellores receitas de verán, para que sigas levando o bo tempo á túa mesa mentres gozas de todas as propiedades nutricionais do ovo xunto con outros alimentos.
Bolos de vento de cabaciña e queixo feta
Os bolos de vento de cabaciña queixo feta son un refrescante entrante ou aperitiv estival que, estamos seguros, encantarache. Unha receita vegetariana, sinxela de elaborar, á que non che poderás resistir pola súa mestura perfecta de sabores. Podes acompañala coa túa salsa favorita para gozala ao máximo!
Consulta aquí os pasos a seguir para gozar dos bolos de vento de cabaciña e queixo feta.
Ovos recheos de guacamole
Os ovos recheos sempre son un acerto. Unha desas receitas que serve tanto para un aperitivo, un picnic ou para unha cea lixeira e saudable. Calquera tipo de recheo será perfecto, pero hoxe propoñémosche un moi fresco e estival: o guacamole. Nunca te cansarás de facela!
Segue estes pasos e prepara os ovos recheos de guacamole.
Pementos recheos de tortilla
Alguén se imaxina un verán sen tortilla? Nós tampouco, pero propoñémosche unha forma moi orixinal e diferente de comela. Este prato é perfecto para os amantes da tortilla con pemento e, ademais, moi cómodo para levar a unha comida no campo.
Para facer esta receita de verán segue os pasos que che deixamos aquí.
Pastel de verduras
Para os vexetarianos e os amantes das verduras, unha receita saudable, lixeira e fresca para gozar os días máis calorosos do verán. Este pastel de verduras pódeche servir como prato principal nunha comida lixeira, como entrante e mesmo como acompañamento para un peixe ou unha carne.
Mira aquí a receita completa.
Tartiñas de queixo
E chegou o momento da sobremesa! Un toque de sabor doce e fresco para pechar esta selección de receitas de verán. Encántanos a torta de queixo en todas as súas vertentes, e esta opción da Cociña de Fabrisa é perfecta para levar á praia ou unha comida ao aire ibre. Estamos seguros de que che encantará!
Nesta ligazón te ensínache a facer estas deliciosas tartiñas de queixo individuais.