5 motivos para celebrar o día do ovo
Feliz día do ovo! O segundo venres de outubro celébrase o Día Mundial do Ovo e desde Demillo animámosche a recoñocer todo o que achega á nosa saúde e ás nosas mesas.
O ovo é un superalimento, un dos produtos naturais máis sabroso, completo e saudable, como non imos dedicar un día para renderlle homenaxe con todo o que nos achega? Hoxe contámosvos 5 dos motivos para celebrar este día.
Porque che salvan dunha cea cando a neveira está baleira
O ovo é un dos alimentos máis versátiles que existen. Pódese cociñar de todas as maneiras que poidas imaxinar, combinar con comidas doces ou salgadas, como prato principal ou de acompañamento. Podes ter unha cea fácil e rica en 10 minutos. Ademais, como os ovos son unha alta fonte de nutrientes xa que conteñen proteínas, minerais e vitaminas, podes estar seguro de que será unha cea nutritiva.
Porque a vida sería moito más triste sen tortilla de patacas
Todos estamos de acordo en que a tortilla é unha das grandes marabillas culinarias. O seu sabor é inigualable, a cremosidad do ovo achégalle o punto perfecto e, ademais, é un símbolo da tradición da gastronomía galega. Hoxe tamén celebramos que grazas ao ovo podemos gozar dunha boa tortilla de patacas.
Porque é o remedio da túa avoa para que non quedes con fame
Se algo caracteriza a todas as avoas é que sempre están preocupadas de que comamos un pouquiño máis para que non te quedes con fame. Os ovos son o seu aliado perfecto, só teñen que engadilo aos seus riquísimos pratos para que nos acheguen un extra de nutrientes e saciedade.
Porque está para mollar pan
Temos que dedicarlle unhas palabras á xema, esa parte do ovo tan cremosa e que provoca a explosión de sabor. Atopar o punto perfecto no que podemos rebañar o pan, Todos estamso de acordo en que é un manxar, non?
Porque os podes tomar en calquera momento do día
O ovo é dos poucos alimentos que é adecuado en calquera momento do día, pódelo preparar para un almorzo, unha comida, unha merenda ou unha cea e sempre será unha opción perfecta.
Aquí tedes unha chea de receitas xeniais para celebrar o Día do Ovo!